Notas de prensa

Adif adxudica a redacción do proxecto da nova estación ferroviaria de Lugo e o seu aparcadoiro subterraneo no marco da nova área de transporte intermodal da cidade.

Esta áreal inclúe estacións de ferrocarril e autobús, unha gran praza cuberta, aparcadoiro subterráneo, un paso inferior de conexiòn para a cidade e outras actuacións urbanas. O contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES ENXEÑEIROS CONSULTORES e L35 ARQUITECTOS por 770.745,56€, e prazo de execución de 15 meses.

A obra comprenderá un novo edificio de viaxeiros na estación do ferrocarril que se integrará nunha praza intermodal que conectará as estacións de ferrocarril e autobús e incluirá un novo paso interior entre andéns para os viaxeiros do ferrocarril.
Vaise urbanizar exteriormente o ámbito da estación e a conexión do paso inferior de cidade co entorno urbano, en coordinación coas administracións locales e de acordo co planeamento urbano. E un novo aparcadoiro subterráneo, pensado para a súa construción de maneira independente aos demáis elementos da área intermodal, prestará servizo ás futuras estacions de ferrocarril e autobús.

Adif, 2019-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-santiago.jpg) Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construíndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes días en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 países europeos.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-rapaces.jpg) Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.

Notas

A materia ordinaria representa apenas o 5% do Universo. O resto segue sendo un misterio para a Humanidade: non sabemos de que está composta, nin como se comporta. Estímase que a maior parte é enerxía escura, e o resto (ao redor dun 27%) é a materia escura, unha substancia que ten masa, e que se delata pola súa atracción gravitatoria sobre as galaxias, pero que non emite nin absorbe luz e que nunca foi detectada directamente nun laboratorio.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES