O Consello da Xunta de Galicia aprobou esta mañá o Decreto polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia. Deste xeito, adáptase a normativa estatal ás caracterÃsticas do ámbito xeográfico galego, ademais de establecer os distintos aspectos técnicos e de seguridade para a protección dos usuarios e asignar as competencias das administracións públicas neste ámbito.
Coa aprobación desta normativa derógase o anterior Decreto 103/2005 do 6 de maio, polo que se establecÃa a regulamentación técnico-sanitaria das piscinas de uso colectivo. Entre as novidades deste decreto destaca a equiparación das piscinas das casas rurais e de agroturismo, asà como as de colexios maiores e residencias, coas dos establecementos de aloxamento turÃstico en canto ás esixencias que deben cumprir.
AsÃ, o titular deste tipo de piscina deberá facer controis de calidade de auga e aire e colocar de xeito visible para o público os últimos resultados destes controis, xunto co de situacións de incumprimento da normativa que se teñan producido na piscina. A esta información hai que engadir material divulgativo sobre prevención de afogamentos, traumatismos craneoencefálicos e lesións medulares e sobre protección solar no caso de que a piscina sexa ao aire libre.
Tamén ten que estar visible a información sobre as substancias quÃmicas empregadas no tratamento da auga, a existencia ou non de socorrista, os enderezos e teléfonos de contacto de centros sanitarios e de emerxencias, asà como os dereitos e deberes dos usuarios. Outra das novidades é a obriga de que o titular realice unha declaración responsable antes de entrada en funcionamento da piscina por primeira vez, tras a realización de obras de construción ou modificación e cando se produzan cambios nas circunstancias ou datos que declarara con anterioridade.
Tamén hai que comunicar o reinicio da actividade tras máis de dúas semanas de peche en pisicinas de uso continuo e a reapertura nas piscinas de uso descontinuo. Tras a entrada en vigor deste decreto, serán os concellos os responsables da inspección e vixilancia das piscinas unifamiliares e de comunidades de propietarios, deixando a Sanidade a vixilancia do cumprimento da lexislación en materia sanitaria das piscinas públicas e das piscinas privadas correspondentes a casas rurais ou de agroturismo, a colexios maiores, a residencias universitarias ou similares.
Ademais, o novo decreto prevé cambios en temas como as medidas de prevención efectiva dos riscos para a saúde asociados ás instalacións, o control da auga do vaso previo ao inicio da actividade ou o criterio para o cálculo da temperatura ambiente para piscinas cubertas con varios vasos cuxa auga está a distinta temperatura, entre outras novidades.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.