
Este órgano consultivo, que está constituÃdo por quince membros, é o órgano asesor da Comissão Ejecutiva do Caminho de Santiago, o órgano de coordinación xacobeo no ámbito nacional portugués. Trátase dun novo ente que, xunto co Conselho CientÃfico do Caminho de Santiago, traballa tanto para a certificación das rutas xacobeas no paÃs luso, como na xestión, salvagarda, valorización e promoción dos Camiños de Santiago en Portugal.
A esta primeira reunión e acto de constitución solemne, presidida pola directora xeral de Patrimonio Cultural da República portuguesa, Paula Silva, asistiu en representación da Xunta de Galicia o director de Administración e Relacións cos Amigos do Camiño, IsaÃas Calvo. Entre as funcións do Consello Consultivo do Camiño de Santiago de Portugal destacan a preservación do patrimonio natural, histórico, artÃstico e cultural, a avaliación das medidas de certificación asociadas aos Camiños de Santiago, asà como a atención e a acollida aos peregrinos.
Na reunión, na que Galicia brindou a súa colaboración en base a súa experiencia na certificación e xestión integral das Rutas Xacobeas que transitan pola nosa Comunidade, tratáronse diferentes asuntos tales como a organización dos traballos do Consello Consultivo ou a aprobación da metodoloxÃa e dos regulamentos de funcionamento interno da Comisión certificadora, que é responsable en última instancia da salvagarda, sinalización e acompañamento de peregrinos nas rutas portuguesas. Tamén se aprobou o procedemento de valoración da certificación asociado ás funcións e responsabilidades deste Consello asesor.
Rutas en auxe
Ademais da Xunta de Galicia, forman parte deste Consello administracións locais lusas, institucións eclesiásticas e outras entidades de interese e utilidade pública para o mantemento das infraestruturas relacionadas co Camiño, para a promoción do turismo e da cultura, para a salvagarda da paisaxe, asà como para a preservación do patrimonio histórico vencellado ao Camiño de Santiago.
O Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa son dous dos itinerarios que están experimentando unha gran revitalización. De feito, o Camiño Portugués foi percorrido este ano xa por máis de 54.000 peregrinos, rexistrando un incremento de preto do 9% con respecto a hai un ano e situándose como o segundo itinerario máis percorrido. Pola súa banda o Camiño Portugués da Costa foi transitado por máis de 15.476 peregrinos, un 43% máis que hai doce meses, pasando a ser terceiro máis transitado. Asà pois, en conxunto, nos primeiros oito meses do ano recolleron a Compostela preto de 70.000 peregrinos procedentes dos Camiños Portugueses.
Deste xeito, a participación de Galicia no Consello Consultivo do Camiño de Santiago de Portugal vén a reforzar a alianza estratéxica entre Portugal e Galicia na procura da promoción e da dinamización do Camiño de Santiago na PenÃnsula Ibérica, desde Europa e para o mundo.
O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Salón Teatro Berenguela na gaiola, unha coprodución entre a compañÃa pública, Galeatro, Xarope Tulú e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que foi recoñecida co Premio Manuel MarÃa de Proxectos Teatrais 2024. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, e chega ao escenario compostelán tras a súa estrea os pasados 26 e 27 de setembro en Carballo. Berenguela na gaiola contou, ademais, con residencias técnicas e artÃsticas tanto no Salón Teatro como no FIOT, que foron claves para o seu proceso de creación.
O 84,3% das persoas de Galicia de 5 a 15 anos utilizou dispositivos electrónicos nos últimos 3 meses, e a porcentaxe sube ata o 94,8% no caso das de 10 a 15 anos. Os datos do estudo Rapaciñ@ dixitais. Edición 2024 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia indican que o nivel de dixitalización nestas idades recupera a tendencia ascendente tras a baixada detectada en 2023.