
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unhas xornadas de coaching que se desenvolverán en diferentes Espazos Xove de Galicia ao abeiro do proxecto Lidera entre os meses de setembro e novembro. A iniciativa, que leva por nome Crea o teu camiño profesional, ten como obxectivo apoiar á xente nova no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.
As xornadas están dirixidas a mozas e mozos galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30. O prazo para anotarse xa está aberto e as persoas interesadas poderán facelo ata o dÃa anterior da realización da actividade. A inscrición farase por vÃa electrónica e tanto o formulario como as datas cos horarios e lugares de celebración das sesións está dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Para a celebración de cada sesión terá que haber un mÃnimo de catro inscritos e un máximo de 15. A admisión será por orde de inscrición, ata cubrir a totalidade das prazas en cada Espazo Xove, e as persoas solicitantes que resulten seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.
Os participantes recibirán apoios orientados a aumentar as súas opcións de entrar no mercado laboral, como axuda na organización e planificación de metas profesionais ou na confección dun currÃculo e dunha carta de presentación. Tamén analizarán a procura de emprego a través de internet para o que se valorarán aspectos como a imaxe persoal nas redes sociais e nos portais de emprego e emprendemento.
Proxecto Lidera
Estas xornadas de coaching enmárcanse no proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020. A intención é promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento das mozas e mozos de Galicia e da rexión norte de Portugal.
O Lidera conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros financiados con fondos Feder. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten como socios neste proxecto a Fundación Galicia Europa; a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela; o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude; a Federación Nacional de Asociacións XuvenÃs Portuguesas e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.