Archivo (7 del 2019)

Buscador

Noticias

Sanidade comezará a administrar a nova vacina nonavalente contra o virus do papiloma humano (VPH) ás nenas galegas de 12 anos a partir de mañá, luns, 22 de xullo. Esta nova vacina substitúe no calendario infantil á vacina bivalente que se está a administrar na actualidade, xa que aporta un 10% máis de prevención de casos de cancro, ao protexer de forma directa fronte a 7 xenotipos oncoxénicos, e ademais protexe das verrugas xenitais.
O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas chega a súa décima edición cun completo programa cultural a celebrar os días 27 e 28 de xullo, nos municipios de Manzaneda e da Pobra de Trives. A presentación deste evento cultural tivo lugar en Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; os alcaldes de Manzaneda e Pobra de Trives, Amable Fernández e Patricia Domínguez; e o director de Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
O Galician Freaky Film Fest volverá cunha terceira edición (se contamos a primeira edición denominada 0) a cidade de Vigo coa intención de ateigala de zombies, vampiros, lobishomes e montar unha auténtica festa da cultura freak tan incorporada no ADN de toda a xeración Xabarín. As obras deberán pertencer ó mundo freak, entendendo isto como a serie B, o terror, a ciencia ficción, o cine fantástico ou a parodia dos mesmos, pero tamén a calquera outro xénero.
Foi unha reunión de traballo, un primeiro contacto. O obxectivo é o de colocar Ourense como referente de espazos naturais e proxectos ambientais. Con esa intención reuníronse esta mañá, no Concello de Ourense, o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, cos biólogos Emilio Carral Vilariño e Antonio Estévez Prieto, destacados investigadores de proxectos medio ambientais, tanto no eido académico coma no privado, respectivamente.
Afundación e ABANCA presentaron, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións ABANCA de IESIDE, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, 'A Economía Galega. Informe 2018'. Este estudo socioeconómico de referencia, que se vén publicando desde 1986, preséntase nesta ocasión tanto a súa versión extensa online como a máis dinámica do resumo executivo en papel.
O proxecto ‘Universidades sem Fronteiras’ (UNISF) é unha iniciativa innovadora que “situará á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un actor influínte a nivel europeo na innovación universitaria e na creación de novas ferramentas de xestións transfronteiriza’. Participan as seis universidades públicas da Eurorrexión: Minho, Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais.
Coma no ano anterior, o obxecto de organizar estes concertos é o de amosa-lo dinamismo desta Serra, cun tipo de música alonxada de estridencias e de masificacións e que soará nos mellores escenarios do mundo, as airas dos pobos do Courel, todos e cada un dos venres do mes de agosto entre lusco e fusco. Tódolos concertos serán de balde, a partires das 20:00h.
A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas, e conta coa participación de 50 establecementos de toda a provincia. O obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da boa materia prima da provincia, elaborada e servida por excelentes profesionais.
Os concertos do primeiro ano no que se programa da “Noite de Galicia” pecharon o domingo 14 unha edición cualificada por hostaleiros, veciños e visitantes como a mellor dos últimos anos e que se desenvolveu sen incidencias nin altercados de orde público. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que 80.000 visitantes gozaron das diferentes propostas da música Celta. Os concertos de Gwendal, Moving Hearts, Shooglenifty e Leilía, os máis multitudinarios.
O grupo do profesor Jesús Requena, xunto con investigadores da Universidade de Trento (Italia) acaba de presentar un modelo computacional que revela os mecanismos da replicación dos prións, os axentes responsables das enfermidades das ‘vacas tolas’ e os ‘cervos zombis’. O estudo representa un importante avance no coñecemento destes enigmáticos patóxenos que tamén afectan aos seres humanos.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES