Notas de prensa

O bonito de Burela, o lacón galego e os pementos de Mougán protagonizan as exaltacións gastronómicas de Lugo

A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas, e conta coa participación de 50 establecementos de toda a provincia. O obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da boa materia prima da provincia, elaborada e servida por excelentes profesionais.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, e o deputado de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, acompañados do alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano, presentaron esta mañá no barco-museo boniteiro Reina del Carmen, de Burela, a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas.

Durante o acto Real apuntou que “o obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”.

Pola súa parte, Vidal destacou que “a campaña Exaltacións Gastronómicas ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos ademais en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia.”

A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas como Afapan, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a DOP Queixo Tetilla, a IXP Mel de Galicia, Avimós, a IXP Castaña de Galicia, a IXP Ternera Gallega, o CRDOP Queixo do Cebreiro, Asoporcel, a DOP San Simón da Costa, Galletas Daveiga, o CRDO Ribeira Sacra, Armadores de Burela SA, a IXP Faba de Lourenzá, Acruga, a DOP Arzúa-Ulloa, Asovega, a IXP Lacón Gallego, a IXP Pementos de Mougán, a IXP Grelos de Galicia e a IXP Pataca de Galicia.

No acto desta mañá estiveron presentes o xerente de ABSA Bonito e Pescada do Pincho de Burela, Miguel Neira; o presidente de AFAPAN, César Fieiras, e tres hostaleiros dos restaurantes A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, que amosaron os diferentes xeitos de cociñar o bonito.

Participantes

Os 50 establecementos asociados participantes son Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico e Complejo O Piñeiral, de A Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leytón, de Foz; Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seis e Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos; O Rincón e Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo e A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, e Parador de Vilalba, Montero e Mesón do Campo, de Vilalba.

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), 2019-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES