
Este ano conseguimos completar un cartel de auténtico luxo, con músicos vidos de distintos lugares do Globo e que, coma o ano pasado, quedarán abraiados cos escenarios naturais nos que desenvolverán os seus concertos. Para este CourelSon contaremos coa axuda imprescindible do GDR Ribeira Sacra.Courel, a Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso.
Pero, ademais, e tendo en conta as paraxes nas que soará a música nos venres de agosto, nas mañas dos sábados seguintes a estes concertos organizaremos rutas temáticas nas que daremos a coñecer a riqueza etnográfica, xeolóxica ou ecolóxica da zona. Para todo isto, contaremos coa colaboración inestimable da Fundación Oso Pardo, da Asociación Galega de Custodia do Territorio, da Sociedade Micolóxica Lucus ou do Xeoparque Mundial Montañas de O Courel. Estas rutas serán gratuitas e a única condición para poder anotarse nas mesmas será a de facerse coa camiseta do CourelSon 19. Teredes toda a información das mesmas en breve.
E pasamos xa a enumerar ós grupos que teremos a fortuna de escoitar neste II CourelSon.
Tódolos concertos serán de balde, a partires das 20:00h.
-Venres 2, en Folgoso do Courel: O Blues de Félix Slim. Recén chegado de Nova York para unha xira por Europa, este gaditano de nacemento leva xa anos vivindo e trunfando na Meca do Blues; distintos premios como solista en EEUU e a participación en numerosos festivais de Europa, Asia e América o avalan. Folgoso do Courel convertiráse esa tardiña nunha sorte de New Orleáns.
-Venres 9, en Paderne do Courel: Alejandro Vargas Trío. O recoñecido pianista cubano, acompañado da súa banda, ofrecerá un concerto único nun escenario único, na terra dos músicos de O Courel. Alejandro foi elexido mellor pianista de Jazz cubano antes de fixar a súa residencia en Compostela. Dende que así o fixo, leva facendo xiras e recibindo premios polos festivais de media Europa. Todo un luxo para a Aira do Quintairo padernesa que xa o ano pasado vibrou ao ritmo de Sumrrá.
-Venres 16, en Seceda: Edu Manazas & Whiskey Tren. Se o ano pasado inauguraron o Festival, este cuarteto de Blues madrileño quedou tan prendado dos escenarios e das xentes caurelás, que quixeron repetir experiencia a toda costa. Edu foi definido polas revistas especializadas coma o único cantante de Blues da Península. A súa voz desgarrada e os máis de 20 anos que leva co seu grupo enriba dos escenarios nos transportarán ás rúas do Chicago dos anos 60. Un gran concerto para un dos pobos máis fermosos da Serra.
-Venres 23, en Parada: Rafa Fernández Cuarteto. O delicado Jazz do guitarrista noiés e da súa banda non poderían ter mellor escenario que Parada do Courel, a terra que viu nacer a Uxío Novoneyra. Alí nos presentarán o seu último traballo: A Cara Bonita da Pedra Música e imaxes da man, neste concerto que non deixará a ninguén indiferente.
-Venres 30, en Seoane do Courel: e, para pechar o CourelSon 19, José Luis Pardo & The Mojo Workers. Falar de José Luis Pardo é falar dun dos guitarristas de Blues máis recoñecidos a nivel internacional. Este arxentino, residente en Madrid, leva tocando media vida en escenarios de cidades coma Nova York, Moscú, Johannesburgo, etc. E, en medio de todas eses grandes escenarios, a partires de agora, aparecerá Seoane do Courel. Un gran final de festa para un gran CourelSon co que pretendemos amosar, sempre con actividades respetuosas, que esta Serra e os seus pobos latexan cada día do ano.
Dicir tamén que, este ano, ademais dos colaboradores enriba indicados, agradecemos o seu apoio no tocante aos aloxamentos dos músicos á Caixa Rural Galega.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.