Notas de prensa

Ortigueira pecha o festival máis multitudinario dos últimos anos

Os concertos do primeiro ano no que se programa da “Noite de Galicia” pecharon o domingo 14 unha edición cualificada por hostaleiros, veciños e visitantes como a mellor dos últimos anos e que se desenvolveu sen incidencias nin altercados de orde público. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que 80.000 visitantes gozaron das diferentes propostas da música Celta. Os concertos de Gwendal, Moving Hearts, Shooglenifty e Leilía, os máis multitudinarios.

Supermercados sen existencias, caixeiros sen efectivo dan fe das elevadas cifras que repercuten directamente na economía da vila. Entre as novidades programadas este ano: a creación do vídeo promocional gravado en diferentes países, con tema musical propio co lema “Oito Nacións Unha cultura”, que quedará como permanente para as futuras edicións, e o cartel cos personaxes de cada nación celta, ambos creados por profesionais orteganos. O punto informativo contra as agresións sexistas “AgresiOff”, que recibiu máis de 3.000 visitas. Os concertos na praza, a campaña dar a lata cada lata cuenta, o bus os bolechas, o de “vivamos como galegos” e a mencionada “noite de Galicia”.

Algúns distribuidores de alimentación tiveron que repoñer o sábado as existencias, pois acabaron en dous días coa mercancía prevista para os catro.

Os obradoiros e cursos de foto na rúa, baile bretón, asturiano e irlandés, limitados a 50 prazas cada un, esgotaron as prazas dispoñibles semanas antes da celebración do festival, demostrando a implicación e participación de nenos e maiores. Tamén os pasacalles e as recén incorporadas actuacións no Espazo Paralaia (praza Isabel II) en colaboración co concello, fixeron de toda a vila un único escenario, onde á música e a cultura Celta estivo presente en cada rúa.

Os xaponeses Yuki Kojima Band e os galegos Dequenvessendo empataron na final do Runas 2019, situación inédita na historia do festival. Cada grupo percibe o importe completo asignado ao gañador (3.000 €) e ambos actuarán en 2020. Dada a calidade de execución de ambas formacións, a Comisión de selección para os finalistas e gañador do Proyecto Runas 2019, determinou que o premio é compartido ex aequo entrambas bandas.

A boa convivencia, o civismo e o respecto co medio por parte da mocidade acampada en Morouzos foron outros dos aspectos que cada ano melloran, segundo a opinión recollidas aos propios usuarios.

Os concertos na igrexa de fusión galego-irlandesa, a radio en directo desde o teatro, a feira de artesanía e as exposicións de carteis, completaron 4 xornadas no que a cultura celta e o espírito do festival voltou a Ortigueira coa esencia da unión das oito nacións celtas que a dirección aposta por recuperar.

E finalmente, un dos momentos máis agardados foi como é habitual o domingo á maña co gran desfile de bandas das nacións celtas, acompañada perante todo o percorrido desde ambas beiras das rúas por veciños e visitantes, como non se vira en anos. Todas as bandas entregáronse nas interpretacións e posta en escena, que percorreron as rúas da vila partindo e rematando con bises nunha Alameda que a organización acordou delimitar por primeira vez debido á gran afluencia de xente agardada. Todo un éxito de afluencia, ambiente e calidade musical nos diversos escenarios que visitantes e veciños desfrutaron.

Festival de Ortigueira, 2019-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES