Archivo (12 del 2019)

Buscador

Noticias

O Clúster Alimentario de Galicia, que integra a empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións do sector alimentario, traballa no desenvolvemento da cultura da innovación e da difusión e aplicación do coñecemento, ao tempo que impulsa a creación de valor, a través de novos produtos e/ou procesos, seguridade e calidade, ademais de, entre outros cometidos, avanzar na mellora da produtividade da sustentabilidade.
O programa de innovación educativa Observa_Acción (Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais) vén de seleccionar os cinco centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia (Asturias, Castela e León e A Rioxa). De cada un dos centros participarán neste programa de innovación CATRO persoas do claustro, incluído un membro do equipo directivo.
A obra 'Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís', resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que convocan conxuntamente a Consellería de Cultura e Turismo e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A obra revela dunha maneira anovadora e lúcida cambios repertoriais na produción galega a través do estudo do thriller xacobeo, a novela viguesa e o auxe da narcoficción.
Esta mostra contén o traballo realizado polos ilustradores galegos Laura Cortés e Fran Bueno e polos portugueses Eduardo Porto e Fátima Bravo, durante a residencia artística realizada na illa de San Simón en setembro e que estivo coordinada por Matilde Rodríguez. Nese encontro, ademais de realizar obras, impartiron diferentes obradoiros para alumnado das escolas de artes Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña, así como do máster do Libro Ilustrado da facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A música vertebra e estrutura B.S.O. Banda Sonora Orixinal, por cuxa partitura discorren a modo de notas discordantes unha serie de personaxes cun certo pasado pero cun incerto futuro, sempre tentando encaixar nos espazos e nas liñas xustas do pentagrama. Unha estrutura traballada con prosas que se enlazan entre si, dando o final dunhas pé ao comezo doutras de xeito que os distintos capítulos se suceden coma se fosen escenas curtas dunha película.
Este venres presentarase na exposición “Valente e a unidade das artes”, que se exhibe no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, o libro Poemas a Valente, onde o poeta Saturnino Valladares, profesor da Universidade Federal do Amazonas (Brasil), compilou numerosas composición dedicadas ao autor ourensán durante os séculos XX e XXI. Como todos os libros da Cátedra Valente, este leva na cuberta a reprodución dunha obra de arte afín á estética do poeta, neste caso da artista galega Julia Huete.
As características que deberá ter o pan para poder acollerse a esta Indicación están recollidas no correspondente prego de condicións. Trátase dun pan de codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con fariña de trigo brando, da cal unha parte –cando menos un 25% do total– debe proceder de trigos cultivados en Galicia.
A segunda edición de Pilabot, unha iniciativa para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías usadas nos centros educativos, comezará oficialmente o vindeiro 13 de xaneiro. Os xestores de pilas autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP e Ecolec) impulsarán esta campaña dirixida ao eido escolar coa finalidade de concienciar ás novas xeracións sobre o impacto medioambiental que teñen este tipo de residuos.
Tivo lugar en Santiago unha nova xuntanza de Ateneos de Galicia, onde quedou constituída a “Federación de Ateneos de Galicia”, na que se viña traballando dende marzo do pasado ano, cando se formalizou un convenio de colaboración entre as entidades promotoras. No acto de constitución, que se oficializou mediante a sinatura da acta fundacional e dos Estatutos, participaron representantes dos Ateneos de Santiago, Ferrolán, Santa Cecilia de Marín, Moaña, Atlántico de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Vacún, horta e mexillón con selo ecolóxico. Son os tres produtos que o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou o pasado mércores aos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). O testemuño de José Ángel Regueiro Real, gandeiro de vacún e vogal na comisión de goberno do Craega, e o show cooking impartido polos chefs do restaurante A Horta do Obradoiro serviron para achegar algúns dos segredos dos alimentos certificados aos que no futuro van a tomar o relevo no sector hostaleiro.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES