
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) abordará os restos estratéxicos do sector en I+D+i e sustentabilidade non marco dunha xornada que se desenvolverá o 15 de xaneiro no edifico Cactus do Campus de Lugo. As persoas interesadas en participar neste foro aberto poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo electrónico industria@clusaga.org.
O Clúster Alimentario de Galicia, que integra a empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións do sector alimentario, traballa no desenvolvemento da cultura da innovación e da difusión e aplicación do coñecemento, ao tempo que impulsa a creación de valor, a través de novos produtos e/ou procesos, seguridade e calidade, ademais de, entre outros cometidos, avanzar na mellora da produtividade da sustentabilidade.
O Clusaga aborda os retos de sutentabilidade e de I+d+i do sector alimentario de Galicia nunha xornada no campus de Lugo
A consecución destes obxectivos é un dos retos da comisión de innovacion e I+D do Clusaga, creada co obxectivo de acadar maior intercambio e interacción entre empresas, centros tecnolóxicos e universidades. De xeito simultáneo, o Clúster Alimentario de Galicia vén de por en marcha unha comisión de sustentabilidade e economÃa circular co obxectivo de reforzar cuestións relacionadas coa sustentabilidade ambiental, cunha mención especial á BioeconomÃa e á EconomÃa Circular, e que contempla medidas e liñas concretas de actuación.
Programa da xornada
A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, abrirá a xornada programada no edificio Cactus cun breve acto de benvida a todo o público participante neste foro, no marco do que tamén se dará conta do traballo e dos proxectos relevantes para o sector alimentario que están a desenvolver os grupos de investigación do Campus Terra da USC. A presentación dos grupos de traballo e das comisións do Clusaga, a cargo do xerente do Clúster Alimentario de Galicia, Roberto Alonso Ferro, e unha exposición dos restos da comisión de I+D+i do Clusaga, a cargo do director técnico da Adega MartÃn Códax, Miguel Tubio Fernández, e do director de Proxectos e I+D+i en Clavo Food Factory, XaquÃn Antón Vázquez, completan o programa.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.