Na nomeada acta fundacional foi recollida a designación, como órgano de goberno provisional da Federación, unha Xunta Directiva conformada por Francisco Javier Montero Dongil como Presidente, Xulio Pardellas de Blas como Vicepresidente, Francisco Candela Castrillo como Secretario, Antón Porteiro Lago como Tesoureiro e Anxo Cabada Ãlvarez, Pablo Santiago Fernández Prieto, Xaime DomÃnguez Toxo e Xosé Collazo Castro como Vogais. Do mesmo xeito, neste documento tamén se inclúe o mandato desta nova directiva ao Secretario para “formalizar o proceso de constitución diante das distintas administracións e institucións públicas”.
Pola súa banda, nos Estatutos que rexerán a Federación de Ateneos de Galicia, aprobados polos presentes, establécese o domicilio social no local do Ateneo de Santiago, ata que se conte con sede propia, asà como o fin de funcionar “como un espazo de encontro, diálogo, cooperación e axuda entre os Ateneos que formen parte da mesma” e “de impulso de realización de actividades conxuntas preferentemente no ámbito xeográfico de Galicia".
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.