Archivo (11 del 2019)

Buscador

Noticias

A Incubadora de Alta Tecnoloxía BioIncubaTech, promovida pola USC, en colaboración con Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, co obxecto de fomentar a innovación e a transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos das ciencias da saúde e das tecnoloxías alimentarias aterra no Campus de Lugo da USC co obxecto e impulsar o nacemento de novas empresas de biotecnoloxía que contribúan á innovación e a transferencia de coñecementos nestes eidos.
O Iacobus-Estadías de Investigación é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento. Asemade, ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os recursos humanos das institucións e ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión.
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a cuarta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto. En novembro, #MesD centrarase nas ferramentas audiovisuais con tres actividades sobre os programas Adobe Premiere Pro, para a edición de vídeos; Gimp, para retoques fotográficos; e Inkscape, para deseño.
Este programa de estadías turísticas e de ocio contará cun orzamento de 1,6 M€ para financiar o 40% das estadías en provincias distintas ao lugar de orixe. Está dirixido a menores de 30 anos, familias con fillos menores e a persoas maiores de 55 anos. 'Elixer Galicia' contará con catro modalidades: Vacacións en zona costeiras, Rutas de patrimonio histórico e cultural, Rutas de natureza e montaña e Estadías en balnearios.
'Calidade 4.0'. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebra o xoves 7 de novembro e que, como é habitual, Expourense conmemora organizando unha Xornada de Exaltación e entregando os IX Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
A publicación visibiliza a historia da asociación cubana Hijas de Galicia, xurdida en 1914 da necesidade de protexer a muller galega emigrada que chegou á illa e que congregou ata 58.000 socias no ano 1960. O autor, Julio César González, neto dunha filla de Galicia, testemuña a memoria dunhas mulleres e duns homes que construíron Galicia desde a emigración, unhas persoas que, así mesmo, forman parte da historia de Cuba e da súa capital, A Habana, polas diversas iniciativas e institucións sociosanitarias que promoveron.
O coñecido debuxante e humorista do morrazo, Luís Davila, O Bichero presentou no Museo do Mar a exposición O Camiño do Humor. A mostra ofrece unha escolma de 140 das súas máis destacadas viñetas. No acto, o autor deu boa conta do talento que atesoura realizando unha das súas célebres viñetas ante un auditorio que contemplaba a axilidade e mestría co que traballa o debuxante. Esta mostra poderá contemplarse no centro museístico de Alcabre até o vindeiro 12 de xaneiro no horario habitual de apertura pública.
Celebrouse no cemiterio de Boisaca a ofrenda floral con motivo do 20º cabodano do pasamento de Antonio Fraguas organizada polo Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego. O acto enmárcase na ampla programación que se desenvolveu ao longo do ano para divulgar e dar visibilidade ao Día das Letras Galegas dedicado a este autor. Fraguas foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia.
Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.
Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. O Simposio ILG 2019 ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’ busca amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto ‘Patrimonio léxico da Gallaecia’, integrado no macroproxecto europeo GEOARPAD.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (209)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES