Archivo (11 del 2019)

Buscador

Noticias

Tecnópole acolle esta semana a terceira edición dun evento bienal que se consolida como referente en sectores estratéxicos para a economía galega. A biopsia líquida, o cultivo de hortalizas sen terra e as esponxas vexetais son algunhas das innovacións que as empresas participantes no programa Agrobiotech mostrarán ao longo de toda a xornada.
O certame ‘Xuventude Crea’ fixo entrega este venres na Igrexa da Universidade dos seus galardóns nas categorías de fotografía e artes plásticas. Adriana Silva Fernández de A Estrada coa obra ‘ Cartografía do esquecemento’ e Alva Vidal Capón de Tui coa obra ‘Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa’ foron as participantes recoñecidas co primeiro premio na categoría de fotografía. En arte plásticas, resultou vencedora Carlota Álvarez Feijóo de Piñor coa pintura ‘A destrución de Adán’.
Introdución á robótica educativa en primaria vai dirixida ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.
Máis de 70 profesionais de 51 empresas de ambas as beiras do Miño participan no V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se desenvolve hoxe e mañá no balneario da localidade ourensá de Arnoia. A Xunta e o Goberno luso organizan este foro bilateral, que continúa aumentando progresivamente tanto en nivel de participación como en acordos de colaboración e coprodución.
O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense de forma paralela e complementaria á terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Administracións públicas, etc.
O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Anxo Saborido presentaron esta mañá o IV Ciclo Lírico Ourense 2019, que se desenvolverá os 3 próximos venres (15, 22 e 29 de novembro) ás 20.00 horas no Teatro Principal. Trátase dun “ciclo musical de calidade”, en palabras do concelleiro, que pretende achegar á cidadanía “unha proposta musical diferente á que en xeral non se pode acceder con tanta facilidade coma a outras”, explicou Saborido.
A peza teatral de dinamización lingüística 'Rosa caramelo e outras historias' prosegue a súa xira no programa FalaRedes 2019 por 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística. É unha peza pensada para o tempo de lecer do público familiar con cativada dos catro a oito anos, na que a través da palabra e da música se abordan os roles e os estereotipos de xénero, os prexuízos sobre as aptitudes e actitudes dos homes e das mulleres.
Mauro Trastoy coa súa obra titulada "7" é o gañador do XVI certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas. A obra está elaborada a punto de cruz con lá sobre arpilleira branca. Un xurado composto por Silvia García González, Alberto González-Alegre, David Barro, Almudena Fernández e Manuel Eirís -gañador da edición anterior- escolleu por unanimidade a obra de entre as vinte finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta nova convocatoria.
Tivo lugar hoxe a mesa inaugural do 'Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento', que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP ata mañá, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade nacida no ano 1997, produto da vontade integradora das políticas de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da cooperación oficial descentralizada local.
No Auditorio do centro social Afundación de Vigo deuse a coñecer o ditame da cuadraxésima segunda edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES