Notas de prensa

O artista Mauro Trastoy gaña do Premio Díaz Pardo de artes plásticas

Mauro Trastoy coa súa obra titulada "7" é o gañador do XVI certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas. A obra está elaborada a punto de cruz con lá sobre arpilleira branca. Un xurado composto por Silvia García González, Alberto González-Alegre, David Barro, Almudena Fernández e Manuel Eirís -gañador da edición anterior- escolleu por unanimidade a obra de entre as vinte finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta nova convocatoria.

O xurado valorou a calidade da obra presentada e titulada "7" e, de maneira especial, como esta é resultado dunha singular investigación e experimentación con técnicas relacionadas coa trama e a urda e o quefacer artesanal para facer unha pintura sen pintura, a partir de xestos mínimos e unha incidencia no proceso e na repetición do motivo. A obra, de lá branca sobre arpilleira branca, "consigue renovar a tradición da pintura reivindicando ao mesmo tempo as nosas tradicións artesanais".

O artista natural de Ferrol, recibirá un premio de 6.500 € e a súa obra participará xunto coas finalistas na exposición itinerante organizada pola Deputación da Coruña que visitará dez concellos da provincia. Ademais, a Deputación da Coruña destina nesta convocatoria un orzamento dun total de 25.000 € para a compra de obras seleccionadas.

Mauro Trastoy é un dos nomes máis recoñecidos da arte contemporánea galega e a súa obra expúxose en distintas mostras individuais e colectivas. Artista e deseñador gráfico, coa súa obra cuestiona as fronteiras entre arte, artesanía e deseño. Nos últimos tempos, un dos principais ámbitos de traballo de Trastoy céntrase no contacto e a experimentación cos propios materiais.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, o artista participou nunha estadía en Künsthochshule de Kassel e no Kulturmodell de Alemaña, ademais de ser artista en residencia da Fundación Granell.

Deputación da Coruña, 2019-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES