Notas de prensa

Entregados os premios 'Xuventude Crea' nas categorías de fotografía e artes plásticas

O certame ‘Xuventude CreaÂ’ fixo entrega este venres na Igrexa da Universidade dos seus galardóns nas categorías de fotografía e artes plásticas. Adriana Silva Fernández de A Estrada coa obra ‘ Cartografía do esquecementoÂ’ e Alva Vidal Capón de Tui coa obra ‘Non estou tola, a miña realidade é diferente á túaÂ’ foron as participantes recoñecidas co primeiro premio na categoría de fotografía. En arte plásticas, resultou vencedora Carlota Ãlvarez Feijóo de Piñor coa pintura ‘A destrución de AdánÂ’.

Este certame está impulsado pola Consellaría de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e dirixido a mozos ou mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, amosouse satisfeita de que un ano máis a Igrexa da Universidade acolla a mostra coas obras finalistas no certame. “A aposta pola innovación e pola creatividade permite que a sociedade avance e se volva cada vez máis xusta”, subliñou. Xunto a ela, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo o foco na necesidade de estimular a creatividade entre as persoas máis novas; mentres que a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel Toimil, destacou a lonxevidade dun certame que chega xa aos dez anos de historia.

Premiados

Na categoría de fotografía, foron tamén recoñecidas as obras ‘Esvaecerse (como formigas nos infinitos campos amarelos)’ de Rebeca López Villar e ‘Fría Galiza’ de Breogán Alamancos Millán, ambas as dúas galardoadas co segundo premio. Beatriz Barros Touceda con ‘Caused by humans’ e José Ramón Carreira Núñez con ‘Microhomofobia’ obtiveron o terceiro premio da categoría. Finalmente, Dennise Sánchez Vaccarello con ‘Foto carné’ e María de la Fuente Seoane con ‘Atípicos’ recibiron mencións de honra polas súas obras.

Na categoría de artes plásticas, obtiveron o segundo premio Laura Calvo González coa escultura ‘ Cormorán S.XXI’ e Eva Antelo Mata coa pintura ‘As deidades infinitas que todo o ven, todo o oen, todo o ulen’. O terceiro premio recaeu en Catuxa Negreira Cousillas coa pintura ‘Destinos Pendentes’ e María del Mar Ramón Soriano coa escultura ‘36 registros de espacios inertes’. Finalmente, recibiron mencións de honra Margot Rodríguez Salvador coa obra ‘Un vermut mezclado’ e Alejandro Sánchez Aguión pola obra ‘Autorretrato’, ambos os dous participaron na categoría de artes plásticas a través da modalidade de pintura.

à presente edición, presentáronse un total de 69 obras na especialidade de fotografía e 45 na especialidade de artes plásticas, en concreto, 30 pinturas e 15 esculturas. De todas as obras presentadas, seleccionáronse como finalistas un total de 35, 19 delas na especialidade de fotografía, así como 5 esculturas e 11 pinturas que agora poden verse na Igrexa da Universidade.

Estímulo á creatividade

O programa Xuventude Crea é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Este certame comezou a súa andaina no 2010 coa denominación Xuventude Crea, polo que neste ano 2019 cumpre dez anos. O certame pretende actuar, tal e como explican os organizadores, como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e as súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos e mozas actividades de ocio e tempo libre saudable.

En total, esta iniciativa atópase integrada por 13 especialidades: teatro, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña, fotografía e artes plásticas. Na edición do 2019, incorporouse como novidade a especialidade de danza moderna. Os premios para cada especialidade son de 3.000€ para o elixido en primeiro lugar, 1.500€ para o segundo e 1.000€ para o terceiro posto.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES