
Por primeira vez, a Deputación participará nesta importante feira turÃstica cun stand propio, especialmente dedicado ao Camiño de Santiago, especificamente ao Camiño Inglés e ao Camiño Fisterra-MuxÃa, co obxectivo de fomentar o coñecemento dos mesmos e posibilitar que maior numero de peregrinos e turistas se animen a percorrer estas rutas situadas na provincia da Coruña.
O deputado de EconomÃa e Facenda, Antonio Leira, participará estes dÃas na capital británica en diversos actos e reunións incluidas no programa do evento. Hoxe mesmo, tras a inauguración da feira, a delegación coruñesa recibiu a visita da ministra en funcións de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
Durante esta semana, os miles de visitantes que acolle a WTM de Londres poderán coñecer material promocional da provincia e, en concreto, destes dous itinerarios xacobeos que discorren Ãntegramente pola provincia da Coruña. Ademáis, na feira presentarase o novo video de promoción turÃstica do Camiño Inglés, con referencias aos 18 concellos que atravesa este itinerario xacobeo (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, MesÃa, Ordes, Oroso e Santiago).
Por outro lado, os membros da Deputación da Coruña asistirán a un cóctel que terá lugar esta tarde na Embaixada de España no Reino Unido para todas as administracións públicas que participan na WTM e no que se presentará un novo produto turÃstico denominado "Art, Design & Fashion Green Spain".
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.