
Todas elas desenvolveranse nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela en horario de 16.00 a 18.30 horas e están dirixidas a calquera persoa interesada que desexe mellorar as súas habilidades en calquera destes ámbitos.
A primeira sesión, que impartirá o 12 de novembro César DomÃnguez Castro, estará dedicada a Adobe Premiere Pro 2016, unha ferramenta coa que as persoas asistentes poderán coñecer aspectos básicos para a realización e a edición de vÃdeos.
O segundo seminario, centrado en Gimp, chegará o 21 de novembro da man de Jorge Lama, e nel farase unha aproximación ao retoque fotográfico con esta ferramenta libre, versátil, fácil de usar e, ao mesmo tempo, potente.
Por último, o 28 de novembro chegará a quenda de Inkscape, sobre o que tamén falará Jorge Lama para dar a coñecer as vantaxes deste editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre.
Para participar nestas actividades cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A inscrición é de balde ata que se cubran todas as prazas.
Programa #MesD
O programa #MesD é unha iniciativa impulsada desde o CDTIC que consiste nun ciclo de sesións formativas sobre un tema concreto concentradas ao longo dun mes e cunha duración aproximada de dúas horas e media.
Ata o momento organizáronse tres edicións do programa. A primeira delas, celebrada no mes de marzo de 2018, dedicouse ao marketing dixital; a segunda, no mes de xuño do mesmo ano, ao comercio electrónico; e en marzo de 2019, a última organizada ata o momento, centrada nas redes sociais.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Amtega, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. AsÃ, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxÃas.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.