Archivo (10 del 2019)

Buscador

Noticias

O Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago, inaugurado este mércores no edificio CIEDUS da Universidade de Santiago de Compostela, reune máis de 32 representantes institucionais dos órganos de goberno de 25 universidades socias do Grupo Compostela de Universidades, procedentes de nove países europeos e americanos.
A Federación Autismo Galicia, organiza a Xornada Cultura e Autismo, e reúne a recoñecidos profesionais do ámbito da cultura, para facer una posta en común sobre a situación actual no eido dos espazos culturais e as persoas con autismo (TEA), debatendo como abordar a súa singularidade, e compartindo diferentes experiencias e modalidades de intervención cultural.
O vindeiro mércores, 9 de outubro, ás 20 horas terá lugar a presentación do libro Co pai, un conxunto de lembranzas que o autor de Mermorias dun neno labrego deixou escritas antes do seu pasamento, acontecido en 2015, nas que rememora experiencias, traballos e reflexións artelladas arredor da figura do seu pai. Trátase dun libro de carácter memorialístico, do que cómpre salientar a singular prosa poética do seu autor.
Hoxe, ás 19,00 h., no Vello Cárcere de Lugo, Francisco Porcar, membro do Grupo de Traballo de Formación da HOAC, falará do empeño polo traballo digno como prioridade social, tendo en conta que as persoas son o primeiro e a economía debería responder ás súas necesidades.
O sábado 26 no Casa da Cultura do Concello de Vilalba, a Irmandade Manuel María e a Asoc C. Xermolos, organizan o acto de nomeamento de #ChairegoDeHonra 2019 a Iago Santalla. Intervirán Alfonso Blanco Torrado, Xulio Cuba, Manuel Rivero, Ricardo P. Santalla, Baldomero Iglesias (Mero), Xulio Xiz e o propio Iago Pérez Santalla, nun acto presentado por David Otero Fernandez.
Os vindeiros 18 e 19 de outubro celebraranse unhas xornadas na cidade de Lugo no que o Camiño Primitivo tomará protagonismo pola súa relevancia como o roteiro orixinal e máis antigo a Compostela. O evento, que se enmarca dentro de O teu Xacobeo, realizarase na Casa do Saber, fronte á Catedral lucense, con entrada aberta para quen queira asistir e mesmo participar e expoñer a súa opinión sobre este roteiro.
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero (Cifex) impulsa as XI Xornadas de Formación e III Xornadas Internacionais ‘Educación, Xénero e Igualdade’. O foro segue unha traxectoria iniciada hai xa máis de tres lustros e analiza, nesta edición, a problemática dos escenarios múltiples de violencia en función do xénero que se dan na prostitución, violencia sexual e trata de mulleres.
A Cidade da Cultura explorará con arquitectos internacionais como mellorar o benestar da cativada e rapazada en centros de ensino, espazos públicos e cidades. Para iso, acollerá en novembro 'V Playgrounds. Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Xuventude', no que afondarán nestas cuestións, a través dun total de nove charlas e vinte obradoiros.
O Concello da Veiga (Ourense) celebrará do venres, día 4, ata o domingo, 6 de outubro, a sexta edición de Astrotrevinca, un encontro dedicado á divulgación científica da astronomía e á promoción deste territorio como destino turístico StarLight, incluíndo no seu programa de actividades observacións nocturnas e diurnas, conferencias e proxeccións de documentais.
O novo Festival Ateneo Barroco, organizado polo Ateneo de Santiago co patrocinio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago e a colaboración da Universidade de Santiago, chega á súa semana grande de actividades con cinco concertos e unha conferencia que terán lugar en distintos espazos do casco vello santiagués entre o 7 e o 12 de outubro.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (149)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES