
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde da Veiga, Juan Anta, e o coordinador do programa, Óscar Blanco, participaron hoxe no Pazo provincial na presentación deste evento. Fernández afirmou na súa intervención que "falar de astronomÃa e de Pena Trevinca, o cumio máis alto de Galicia con 2.124 metros, é falar inevitablemente da Veiga, que nos ofrece un proxecto estrela para observar e coñecer as estrelas, ocupando un lugar destacado no ámbito da astronomÃa e nun segmento emerxente como o astroturismo".
Pola súa banda, o alcalde da Veiga, Juan Anta, sinalou que desde o concello estase a facer "unha aposta decidida polo turismo astronómico, dun modo didáctico, divertido e para achegar ao público un dos mellores catorce ceos do mundo", cun forte compromiso polo desenvolvemento do rural a través do turismo sostible. Aproveitou tamén o rexedor para recordar que no próximo mes de marzo está previsto que estea a pleno rendemento o observatorio astronómico, "como unha das ferramentas máis potentes do noroeste de España".
Anta non deixou de agradecer a colaboración da Deputación de Ourense nestas xornadas, asà como o traballo realizado por Óscar Blanco e Pablo Canedo, como impulsores dos primeiros encontros no concello de afeccionados á astronomÃa, o labor desinteresado para conseguir en agosto de 2015 o certificado StarLight e, agora, as sucesivas edicións deste evento.
Óscar Blanco foi o encargado de explicar o contido das xornadas que se desenvolverán na Veiga, "como o mellor lugar do noroeste da penÃnsula ibérica para observar as estrelas pola baixa contaminación lumÃnica, boas codicións climatolóxicas e a súa altitude". AsÃ, apuntou a celebración de conferencias, a proxección dun documental americano sobre a importancia e as consecuencias da contaminación lumÃnica ou as observación nocturnas que terán lugar no miradoiro estelar das Tablillas, ademais dunha observación diurna doutra estrela indispensable para a vida, o sol, mediante telescopios especiais.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.