
Na cerimonia de inauguración de encontro participaron o conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez; o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski; e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio DÃaz.
Este Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago está organizado polo Grupo Compostela de Universidades en colaboración coa ConsellarÃa de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. O programa do evento inclúe na súa parte académica actividades como mesas redondas, grupos de traballo e relatorios de expertos como a xefa da Unidade de Educación Superior da Unión Europea, Vanessa Debiais-Sainton, ou o director xeral da Oficina da Alto Comisionado para a Axenda 2030, Federico Buyolo.
A cita completarase con visitas culturais e académicas á cidade da Coruña, degustacións de produtos galegos e un percorrido polo Camiño de Inverno na contorna da Ribeira Sacra. Na súa derradeira xornada, o venres 11, asinarase en Chantada a Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, expresión do compromiso das universidades e da súa vontade de traballar en prol do logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible na Educación Superior e da iniciativa de universidade europea.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.