
Neste caso, a prosa poética se desprega sobre unha serie de textos breves no que se xuntan a dimensión narrativa e a lírica. Engádese así este libro póstumo a outros nos que Neira Vilas foi elaborando unha memoria literaria coa que evocar o eido orixinario e os afectos familiares. Dende o xa lonxano Lar (1973), evocación da primeira viaxe a Galicia tras vintecatro anos na emigración; Nai (1980), semblanza da súa nai, Manuela Vilas Arteaga; e Pan (1986), recordo dos anos de infancia e adolescencia. Os tres volumes foron recollidos pola editorial Galaxia na obra Charamuscas (1993) e levados de novo ao prelo pola mesma editorial en 2014, destavolta co título de Lar-Nai-Pan.
Agora, de novo da man de Galaxia, péchase este particular círculo memorialístico co libro adicado ao pai, Xosé Neira Silva, home de múltiples oficios, como o ten descrito tantas veces o fillo escritor, e que aquí é caracterizado como carpinteiro de trencha fina.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.