
O sábado 26 no Casa da Cultura do Concello de Vilalba, a Irmandade Manuel María e a Asoc C. Xermolos, organizan o acto de nomeamento de #ChairegoDeHonra 2019 a Iago Santalla.
Intervirán Alfonso Blanco Torrado, Xulio Cuba, Manuel Rivero, Ricardo P. Santalla, Baldomero Iglesias (Mero), Xulio Xiz e o propio Iago Pérez Santalla, nun acto presentado por David Otero Fernandez. Haberá intervencións musicais na gaita de Raúl Galego. A ilustración é obra de Maria Guerrero Rico.
Despois haberá un xantar no Restaurante Carrizo en Santaballa, cun custo aproximado de 20 e que require apuntamento previo, antes do día 15, no 646 41 38 90.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.