
Organizado por Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Asociación Ludantia, conta coa colaboración da Cidade da Cultura, xa que está vencellado á exposición Argallar. Esta mostra do Museo Centro Gaiás para xogar coa arquitectura está dirixida a familias, cativada e alumnado de centros escolares, e nela tamén están implicadas estas dúas entidades.
O V Encontro Playgrounds está dirixido a docentes de Educación infantil e primaria e tamén a estudantes e profesionais da educación na arquitectura, que para participar nestas dúas xornadas de balde deberán inscribirse en www.cidadedacultura.gal. Nelas abordaranse -desde o ámbito teórico e desde talleres con casos prácticos- catro grandes áreas temáticas: arte, espazo público e participación; transformación de espazos, xoguetes e dispositivos lúdicos, e arquitectura na educación.
Expertos internacionais
Entre os nove relatores internacionais que participarán neste encontro atópase Heike Freire, docente, asesora e relatora internacional, especializada na chamada pedagoxÃa verde, na que se incide na importancia de espazos en contacto coa natureza nas aulas, nas cidades e nos espazos públicos.
Neste senso, Heike Freire alerta que estas carencias inciden negativamente na necesaria liberación da excitación mental e fÃsica que precisa a cativada, e máis nos casos de hiperactividade ou déficit de atención. É autora de obras emblemáticas nas que afonda e propón actuacións para intentar resolver estes problemas como en ¡Estate quieto y atiende!: Ambientes más saludables para prevenir los trastornos infantiles e en Patios vivos para renaturalizar la escuela.
Nas conferencias tamén se poderá coñecer de primeira man os proxectos de construción de escolas de Antonio Capelao en Londres e no Nepal. Este arquitecto nado en Portugal, pero que desenvolve a súa actividade laboral no Reino Unido, está especializado en edificacións sostibles e respectuosas co medio ambiente. Na actualidade, está inmerso nun programa de doutoramento que ten como referencia o modelo finlandés de ensinanza e é un férreo defensor de implantar a disciplina da arquitectura como parte dos estudos de arte no currÃculo da escola primaria no Reino Unido.
20 obradoiros
Os e as participantes contarán nestes dous dÃas de encontro con 20 obradoiros -10 por xornada- onde levarán a cabo casos prácticos da man de profesionais especializados en arquitectura na educación. O obxecto é situalos ante hipotéticas situacións reais para que se enfronten a elas e as resolvan. Entre elas, estará amoblar unha aula escolar para acadar un espazo de benestar e que estimule a aprendizaxe; estratexias para a introdución do pensamento arquitectónico dentro da clase, no horario escolar e como parte do currÃculo, ou mellorar o patio dun centro desde unha participación comunitaria e tendo en conta as propostas do alumnado.
A través de exercicios prácticos, os obradoiros tamén procurarán facerlles ver e entender aos docentes e tamén aos estudantes e aos profesionais da arquitectura participantes a importancia da súa implicación en moitas mellores de habitabilidade e de benestar no eido da ensinanza.
Neste ámbito, hai varios obradoiros nos que se abordará a repercusión que ten no ensino a localización urbanÃstica dun colexio; como inflúen no alumnado -no seu benestar e na súa aprendizaxe- as contornas urbanas próximas ao seu centro; e como poden, desde as súas respectivas disciplinas, intervir para mellorar isto.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.