Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu a presentación de “Todos tenemos un muerto”, terceira novela do médico santiagués afincado en en Lugo, Francisco Javier Neira Pampín, editada por GaliciaDigital, escrita cunha prosa áxil, con todos os ingredientes do xénero policíaco e na que non falta o seu toque de humor persoal.
A 3ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 23 e 24 de novembro 2018. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, etc.
Chega a Galicia o evento deportivo "Carreira das cidades" contra o cancro de páncreas que ofrecerá aos participantes unha andaina e unha carreira de 11 quilómetros de percorrido, para dar visibilidade a esta enfermidade e conseguir fondos para financiar a súa investigación. Trátase dunha proba que xa se ten levado a cabo noutras cidades como Las Rozas, Alacante, Terrassa, Roma ou Milán.
Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos.
A Xunta de Galicia recibiu hoxe en Sofía (Bulgaria) o premio á mellor administración pública para as empresas emerxentes innovadoras (Best Public Administration for startups) nos StartUp Europe Awards, unha iniciativa de innovación aberta promovida pola Comisión Europea e a Fundación Finnova en colaboración con Startup Europe.
Coa intención de reforzar o histórico papel de Francia na peregrinación a Compostela, a Consellería de Cultura e Turismo participou en Saint-Jean-Pied-de-Port na reunión da Asamblea Xeral da Federación Francesa de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, entidade na que están integrados máis de 40 colectivos xacobeos.
A contía da axuda que se percibe por cada praza de xornada completa oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas. O Bono Concilia é compatible con outras axudas que poidan recibir as familias para a mesma finalidade sempre que non superen o custe da praza.
O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no núcleo do atletismo e do deporte galego esta vindeira fin de semana gracias a estes eventos autonómicos de primeira orde.
O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidiu en San Xerome o acto de entrega de diplomas da segunda edición dos premios á excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais e de promoción da USC nesas universidades. Os premiados son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.
A banda María Fumaça, capitaneada por Uxía, será a convidada este sábado na gala final do Quero Cantar en que se decidirán os grupos gañadores na modalidade de infantil e xuvenil da terceira edición do certame musical da Deputación da Coruña. A coñecida banda dará inicio á festa interpretando as cancións que máis populares se fixeron nos últimos anos entre as nenas e os nenos galegos.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES