Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

Preto de 70 traballos de 17 países distintos, proxectaranse durante o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), do 29 de novembro ao 5 de decembro. Un certame que tamén homenaxeará ao actor Luís Tosar (premio Cidade de Ourense); á actriz Mabel Rivera (premio Fundación AISGE a toda a traxectoria); e ao director ourensán Xavier Bermúdez (premio Calpurnia de Honra).
Galicia estará representada na vindeira edición do Campus mundial sobre o cambio climático, que se celebrará en San José de Costa Rica en abril de 2019, grazas a un proxecto sobre o cambio climático do CPR Plurilingüe Cervantes, de Lugo. O proxecto deste alumnado consistíu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e acerca do cambio climático.
Se o ciclo de recitais da Concellaría de Culturas da Coruña reúne cada mes unha voz en galego e outra chegada de calquera outro recanto do mundo, neste segundo recital da décima edición de POETAS DI(N)VERSOS presentará dous poetas cuxas orixes familiares hai que situar no interior lugués. Será o vindeiro luns 26 de novembro, coma sempre ás 20:30h no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.
A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, comeza este venres en Expourense e reunirá a medio cento de expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). A feira permanecerá aberta durante tres días, pechando o domingo 25 de novembro ás 21.00 horas. Trátase dun evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense.
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con ABANCA, achegará os días 27 e 28 de novembro a toda a cidadanía a súa oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento na primeira edición dunha feira na que ademais dará conta da súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre o estudantado universitario.
A Cidade da Cultura acolle hoxe unha Xornada de Ciberseguridade, a primeira actividade coa que a Xunta achega a Santiago as actividades da Mobile Week Coruña. A directora da Amtega, Mar Pereira, xunto co presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez, inaugurou o encontro destacando a importancia da formación e a divulgación para xerar unha cultura da ciberseguridade no tecido empresarial, especialmente en pemes e autónomos.
Quedou aberta a exposición 'Os Micromedios Lucenses', que recolle preto dun cento de publicacións da provincia de Lugo que viron a luz entre 1975 e 1984, nos primeiros anos da democracia. A exposición ten a súa orixe na tese doutoral da profesora Rosa Cal, Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, que estudou a prensa dos "micromedios" galegos neste período da nosa historia.
A Mobile Week Coruña (MWC) converte a Galicia na Comunidade elixida pola Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que celebra fóra de Cataluña. A Amtega colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A súa participación na Mobile Week Coruña iníciase cun evento de referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns no Gaiás.
O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller O actor de circo, por un adestramento creativo, a cargo do italiano Roberto Magro.
O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste 'combate' por Silvia Penas, poeta, filóloga e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES