Notas de prensa

Galicia estará no campus mundial 2019 en Costa Rica cun proxecto escolar en materia de cambio climático

Galicia estará representada na vindeira edición do Campus mundial sobre o cambio climático, que se celebrará en San José de Costa Rica en abril de 2019, grazas a un proxecto sobre o cambio climático do CPR Plurilingüe Cervantes, de Lugo. O proxecto deste alumnado consistíu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e acerca do cambio climático.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións do centro de ensinanza Infantil e Primaria para comunicarlles que a Consellería de Medio Ambiente colaborará nos gastos desta viaxe para catro dos alumnos participantes nesta iniciativa.

Ãngeles Vázquez felicitounos polo esforzo e traballo realizado na presentación sobre a educación ambiental no colexio, que deixou sorprendidos aos participantes do Campus celebrado en Aveiro en setembro, que os alzou como o único centro de Primaria que participou neste foro internacional, e sobre todo foi a orixe desta nova experiencia que viviredes coa participación no campus mundial de Costa Rica o vindeiro ano.

O proxecto deste alumnado consistíu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e poñer en marcha medidas que mitiguen o cambio climático. A conselleira destacou o esforzo dos alumnos por trasladar unha mensaxe importante, dun xeito ameno e sinxelo pero moi directo, como “coidar o planeta, o paciente global da sociedade”; poñendo o foco na necesidade de actuar con urxencia. A conselleira indicou que este traballo foi recoñecido coa máxima puntuación por un comité científico avaliador, que permitiu aos rapaces a participar no Campus de Aveiro, a pesares de que non era un encontro pensado para estudantes de primaria.

A conselleira destacou que a futura experiencia que vivirán en Costas Rica é un premio e recoñecemento ao traballo e dedicación que levan cabo a prol da conservación do medio ambiente, que constitúe un exemplo e referencia non só para os vosos compañeiros de colexio, senón para toda a comunidade escolar e educativa de Galicia.

Indicou que a implicación deste centro no coidado e respecto polo medio ambiente, así como a filosofía de traballo “aprender a aprender”, é unha máxima que cada día comparten máis individuos da sociedade, polo que é un exemplo para seguir dentro e fóra das aulas.

Un plan de estudos “verde”

A conselleira Vázquez salientou o grado de implicación do seu plan de estudos coa responsabilidade social, centrado especialmente no coñecemento dos dereitos humanos e o respecto ao medio ambiente e á natureza; “un plan de estudos verde sobre a ecoloxía e o medio ambiente que fomenta a educación ambiental dende os primeiros anos de escolaridade”.

Grazas a este plan tedes un contacto directo coa loita contra o cambio climático e o que cada persoa pode facer no seu día a día; co fomento por un consumo eficiente e eficaz da enerxía, tanto no centro educativo como nas vosas casas, adquirindo coñecementos sobre as enerxías limpas e os seus múltiples beneficios; a biodiversidade e o amplo patrimonio natural co que conta Galicia, e sobretodo aprender a conservalo e a protexelo; e a xestión dos residuos que se xeran cada día, sendo conscientes da cantidade diaria que cada un de nós produce e como se pode reducir, así como reutilizalos e reciclalos.

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, 2018-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES