Notas de prensa

O Bono Concilia beneficiará neste curso a 4400 familias, un 20% máis que o ano pasado

A contía da axuda que se percibe por cada praza de xornada completa oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas. O Bono Concilia é compatible con outras axudas que poidan recibir as familias para a mesma finalidade sempre que non superen o custe da praza.

A Xunta de Galicia amplía o crédito do Bono Concilia en máis de 1,2 millóns de euros ata acadar unha contía global de 4,7 millóns. Esta medida permitirá que neste curso 2018/2019 as familias beneficiadas por esta axuda directa sexan máis de 4400. Esta iniciativa permítelles elixir a escola infantil que desexan para os seus fillos e fillas a aquelas familias que teñan dereito a unha praza pública e non accedesen a ela. Esta cifra supón aumentar nun 20% o número de pais e nais que recibirán esta achega en comparación co curso pasado, no que foron 3700.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe este incremento crediticio que ten como obxectivo que reciban esta axuda todos os solicitantes que cumpran cos requisitos establecidos na convocatoria. De feito, dispoñer de maior marxe orzamentaria fará posible que non haxa lista de agarda nos centros de atención á primeira infancia de 0 a 3 anos. Ao igual que nesta ocasión, xa en convocatorias anteriores leváronse a cabo ampliacións de crédito neste programa, que non ten un límite de gasto prefixado para non deixar a ningunha familia sen achega no caso de que lle corresponda.

A contía da axuda que se percibe por cada praza de xornada completa oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros (con servizo de comedor incluído) para as rendas máis baixas. Cómpre destacar que o Bono Concilia é compatible con outras axudas que poidan recibir as familias para a mesma finalidade sempre que non superen o custe da praza.

Maior cobertura

O Bono Concilia constitúe un recurso máis que a Consellería de Política Social pon á disposición das familias para facilitar a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, pois facilita o acceso dos nenos e nenas a unha praza de escola infantil. Ao respecto, cómpre indicar que na actualidade o número de prazas en escolas de 0 a 3 anos que dependen da Xunta de Galicia ou nas que participa a Administración autonómica son preto de 24.400, preto do dobre que en 2009.

Esta cifra sitúa a Galicia nunha ratio de cobertura do 42%, nove puntos por riba da mínima aconsellada pola Unión Europea.

Consellería de Política Social, 2018-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES