Notas de prensa

Galicia estreita lazos con Francia para reforzar o papel histórico deste país na peregrinación a Santiago

Coa intención de reforzar o histórico papel de Francia na peregrinación a Compostela, a Consellería de Cultura e Turismo participou en Saint-Jean-Pied-de-Port na reunión da Asamblea Xeral da Federación Francesa de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, entidade na que están integrados máis de 40 colectivos xacobeos.

Estes colectivos traballan para preparar, informar e ofrecer acollida e hospitalidade aos peregrinos ao longo dos 17.000 quilómetros marcados no país galo e noutros itinerarios de España.

Por primeira vez, a nosa Comunidade tivo a oportunidade de presentar ante o movemento asociativo xacobeo francés o modelo galego de xestión ao redor do Camiño de Santiago, cunha conferencia a cargo do director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, que acudiu en representación da Consellería de Cultura e Turismo.

Presentou ante preto de 200 persoas, entre as que tamén se atopaban representantes de asociacións de España, Bélxica, Inglaterra e Alemaña, o modelo de acollida posto en marcha en Galicia a través da Rede Pública de Albergues do Xacobeo, así como o papel que ten o asociacionismo na folla de ruta galega, ao que se apoia cunha liña de axudas específica para impulsar as súas actividades.Tamén se afondou nos traballos levados a cabo para o mantemento de todas as rutas e os traballos de difusión e divulgación coa vista posta no Xacobeo 21.

Primeira asociación xacobea

A presenza de Galicia nesta reunión inclúese no compromiso da Xunta por estreitar lazos co asociacionismo xacobeo, un dos obxectivos do Plan Director do Camiño de Santiago. Tamén se pon así en valor o papel histórico de Francia na progresión do fenómeno xacobeo en Europa, xa que ten sido un dos grandes impulsores da reactivación do Camiño de Santiago desde os anos 50 do pasado século cando foi creada en París a primeira asociación xacobea, a Societé Française des Amis de St. Jacques de Compostelle.

Consciente do papel estratéxico de Francia neste eido, Galicia fai así un reforzo de difusión do Camiño de Santiago para que os peregrinos franceses manteñan o protagonismo que sempre tiveron. A día de hoxe é o quinto país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, superando xa os 8.000.

Xacobeo, 2018-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES