Notas de prensa

Premian a excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidiu en San Xerome o acto de entrega de diplomas da segunda edición dos premios á excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais e de promoción da USC nesas universidades. Os premiados son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.

Os de excelencia, un para cada área de coñecemento, recaeron en Irene Gómez Ces, estudante de Historia da Arte que fixo a súa estadía en Florencia (Italia); Tomás Otero Casal, de Matemáticas, cunha mobilidade en Southampton (Inglaterra); a estudante de Medicina Estrela Caamaño Alonso, que estudou en París (Francia); Sonia Tarrío Frecha, do grao en Pedagoxía, cunha estadía en Bolonia; e o alumno do Mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos Ãngel Estévez Alonso, que estudou en Amsterdam (Holanda). Todos e todas son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.

Na cerimonia, na que tamén participou o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce, entregáronse tamén os recoñecementos á promoción da USC en destinos internacionais. Nesta ocasión foron para Laura Balboa Mejuto e Marcos Mario Miguens Martínez, con estadías en Bolonia e Porto, respectivamente.

Os sete coincidiron en resaltar a experiencia vital que supón estudar nun país estranxeiro, con idioma e cultura diferentes pero tamén con similitudes en moitos aspectos. O reitor, que á vista dos resultados académicos dos premiados incidiu na desmitificación da idea de que unha estadía de mobilidade é algo “lúdico”, aplaudiu que todos eles valorasen moi positivamente a organización académica da USC, a pesares de que en xeral non tiñan queixas das súas estadías. Moi ao contrario, mostrábanse moi satisfeitos de ter marchado fóra a estudar.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES