Archivo (10 del 2017)

Buscador

Noticias

A Real Academia Galega (RAG) recibiu en doazón material léxico autógrafo do Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares (A Estrada, 1821-1903), obra fundamental da lexicografía galega do século XIX e referencia imprescindible para os dicionarios elaborados posteriormente. O manuscrito está composto por medio cento de pregos.
Investigadores dos campus de Lugo e Santiago traballan coa Xunta nun proxecto pioneiro liderado por Agustín Merino e orientado a previr e mitigar os efectos do lume. ‘Plantando cara ó lume’ é unha iniciativa xurdida no Campus Terra da USC baixo a coordinación do profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola Agustín Merino.
En Marea denuncia a imprevisión, falla de coordinación e incompetencia da Xunta de Galicia pola que deberá responder. Na visita os representantes de En Marea e Marea de Vigo puideron constatar como unha vez máis “foi a sociedade civil organizada coas súas propias mans nas que nun primeiro momento foron quen de deter un lume.
Amósanse ata o 10 de decembro un total de 135 obras deste innovador e vangardista fotógrafo de Allariz, amigo de escritores como Unamuno, Alberti, Ayala ou Bergamín. A mostra, que se abriu por primeira vez ao público na Cidade da Cultura en novembro de 2015, chega á capital da India tras pasar por Madrid, Bos Aires, Montevideo, París e Toquio.
Ballerina proxéctase o 15 de outubro como arranque desta programación, que se estende ata o 25 de novembro con 100 años de perdón, Migas de pan, Sicixia e María (y los demás). O ciclo insírese no programa de actividades musicais, escénicas e audiovisuais promovidas a través dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos.
O 22º Festival de Cine Internacional de Ourense conta co apoio da Agadic e da Secretaría Xeral de Política Lingüística en accións de promoción do sector como o III Encontro de Coprodución Portugal-Galicia ou o I Foro de Postprodución Áncora. Celebrarase do 20 ao 27 de outubro arredor de seccións competitivas con 65 filmes.
Tras o anuncio de que se vai abrir o melón constitucional, a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, salientou que Galiza ten que buscar a súa propia vía e ser protagonista nese posible escenario. “Galiza ten que ser protagonista, liderar o seu propio futuro e non pode quedar inmóbil nin marxinada neste horizonte que se abre no Estado español".
O Pavillón Lino da Coruña acolle a estrea d'A man de Santiña, de Ramón Cabanillas, a obra escollida polo Conservatorio Nacional de Arte Galega da Irmandade da Coruña para a súa presentación. A peza simboliza ese día sobre o escenario o inicio dunha nova andaina para o teatro e a lingua galega.
Oito séculos despois da súa creación, o tesouro musical e bibliográfico procedente da Morgan Library regresa a onde naceu, expoñéndose no Museo do Mar de Galicia. 'Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas' recupera unha das partidas de nacemento máis claras do idioma e da cultura.
A Consellería de Cultura e Educación apoia a proxección exterior do sector galego neste evento, que celebra na cidade alemá unha nova edición do 11 ao 15 de outubro. A Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, KNS Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Alvarellos, Arnoia Distribución, Bolanda, Kalandraka, MC Sports, Bululú e Catro Ventos difunden a súa produción editorial.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES