Notas de prensa

Cinco filmes integran a carteleira da mostra de cine que organizan Pazo de Mos

Ballerina proxéctase o 15 de outubro como arranque desta programación, que se estende ata o 25 de novembro con 100 años de perdón, Migas de pan, Sicixia e María (y los demás). O ciclo insírese no programa de actividades musicais, escénicas e audiovisuais promovidas a través dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos.

A Fundación Pazo de Mos e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) renovan a súa colaboración para o desenvolvemento da Mostra de Cine de Mos, que este ano ten lugar do 15 de outubro ao 25 de novembro no auditorio deste espazo pontevedrés.

O filme francés de animación Ballerina abre o domingo 15 de outubro, ás 17,30 h., unha programación que se estenderá ata o 25 de novembro e na que se inclúen catro títulos de produción ou coprodución galega: 100 años de perdón, de Daniel Calparsoro, o 4 de novembro; Migas de pan, de Manane Rodríguez, o día 11; Sicixia, de Ignacio Vilar, o día 18; e María (y los demás), de Nelly Reguera, o día 25. Estes catro pases están programados para as 22.15 horas e, do mesmo xeito có do vindeiro domingo, serán de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A Mostra de Cine de Mos insírese, á súa vez, no calendario de actividades culturais promovido mediante o protocolo de colaboración que manteñen este ano a Fundación Pazo de Mos e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais da Agadic, tamén achegan o seu apoio a esta oferta as secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística.

De feito, con este ciclo cinematográfico péchase a programación que se vén desenvolvendo desde primeiros do mes de setembro e dentro da que se celebraron, así mesmo, os concertos de Susana Seivane e da Banda de Música de Forcarei. Tamén tivo lugar en Mos a actuación dos Bolechas a través da iniciativa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (ensino-edixgal.jpg) Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.

Notas

Galicia prepárase para acoller a edición máis expansiva do festival Pint of Science, que este ano se celebrará de xeito simultáneo en 14 localidades galegas do 18 ao 20 de maio. O evento, que busca sacar a ciencia dos laboratorios e levala ao ambiente distendido dos bares, marca un fito en 2026 ao consolidar a súa presenza tanto nas sete grandes cidades como en concellos do rural e vilas de toda a xeografía galega.
Este mes de maio o campus de Ourense acolle a celebración dun ciclo dedicado a Edgar Neville, 'unha das figuras máis singulares e poliédricas do cinema español'. A iniciativa, froito da colaboración da Vicerreitoría do campus e o Ourense Film Festival (OUFF), está composta por catro proxeccións, unha cada xoves de mes, de obras cinematográficas deste autor, cuxa produción abrangue dende o fantástico ata a comedia costumista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES