
Nesta nova edición do evento, considerado a maior feira comercial de libros do mundo, o sector editorial galego participa un ano máis co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, que tamén vén contribuíndo coa proxección exterior do sector nos principais encontros internacionais do sector editorial, como os de Buenos Aires ou de Guadalaxara, en México.
Ademais de divulgar os seus traballos a través do stand de Galicia, as editoriais Kalandraka e Nova Galicia participan cun stand propio na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, e representantes de Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Edicións do Cumio e a Editorial Galaxia desprazaranse á cidade alemá para participar nesta cita editorial que se desenvolve do 11 ao 15 de outubro.
Este encontro é cita obrigada para o sector editorial non só europeo, senón de todo o mundo, xa que nel teñen lugar as negociacións sobre os dereitos de venda entre libreiros e editoriais, así como as dos dereitos publicitarios dos libros. O certame é profesional, pero ábrese ao público durante a fin de semana. Conta con 7.000 expositores e preto de 300.000 visitantes.
Promoción do sector nos mercados exteriores
Unha das principais liñas de promoción de obras galegas nos mercados exteriores é a asistencia ás feiras internacionais do libro, un programa promovido pola Consellería de Cultura e Educación en acordo coa Asociación Galega de Editores (AGE), que en 2017 abrangue a presenza de Galicia cun stand propio nas xa realizadas feiras de Boloña, de Buenos Aires e LIBER, en Madrid, xunto coa de Frankfurt e a de Guadalaxara (México, do 25 de novembro ao 3 de decembro).
Nestes encontros internacionais, a Xunta de Galicia asume a organización, xestión e control das actividades relativas ao posto promocional, persoal de atención aos visitantes, envío de material, preparación de eventos culturais, así como a edición de materiais promocionais, como o Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia, en edición trilingüe (galego, castelán e inglés), coa colaboración de Gálix.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.