Archivo (9 del 2016)

Buscador

Noticias

Nove grupos que representan a outros tantos carnavais tradicionais galegos percorrerán a partir das 13.00 horas as principais rúas do casco histórico compostelán. Trátase dunha oportunidade única para contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos. Preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia participan neste acto.
Entre las actividades más destacadas se encuentran las que ofrecen dos de los Museos Científicos Coruñeses, lo que supone el reconocimiento de la cultura científica y, a la vez, ponen de manifiesto la relación existente entre el arte y la ciencia, un camino hacia la divulgación.
O Fórum Metropolitano inicia a nova tempada cinematográfica con estreas europeas e unha escolma do cine chileno máis premiado dos últimos anos. A actividade arranca o sábado, 10 de setembro, co ciclo Forumáxico e o seu primeiro espectáculo: Spiral do Mago Gusi.
Son datos do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos 2015”, que publica o Observatorio da Sociedade da Información da Amtega. Sete de cada dez internautas galegos (+6.9%) interactuou coas Administracións Públicas a través de Internet.
O Teatro Colón da Coruña acolle o venres 9 de setembro a estrea de As catro estacións a cargo do Centro Coreográfico Galego (CCG), un espectáculo contemporáneo sobre a música de Antonio Vivaldi con coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall. O espectáculo viaxará a Vigo, Rianxo, Vilagarcía, Ourense, O Barco, Pontevedra e Santiago.
Leiceaga mantivo unha reunión con representantes da Academia Galega do Audiovisual, na que falaron da necesidade “dunha nova lei que se axuste á situación actual dun sector no que a modernización tecnoloxica é constante, con novos medios e novas categorías profesionais”. A lei vixente ten 17 anos.
Os días 9, 10 e 11 de setembro a diversidade cultural e lingüística estará de festa en Rianxo con actuacións de Guadi Galego, De Vacas, Xurxo Souto, Quico Cadaval, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, Magín Blanco ou os vascos Oreka TX. Logo de Escocia, Gales, Frisia, Irlanda e Cornualles, os concertos en Galicia enmárcanse no programa máis amplo: Donostia Capital Europea da Cultura 2016.
O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, presenta "Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores", onde se narran experiencias comúns como a aparición e consolidación de novos medios de comunicación na diáspora, sen esquecer o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural.
Durante os tres días que dura Arraianos, os visitantes poden degustar na Praza de Frómista as “receitas de Poñente” inspiradas nas novelas de George R. R. Martin, Xogo de Tronos. As receitas foron adaptadas seguindo o libro “Festín de Fogo e Xeo: O Manual de Cociña Oficial”, que recrea diversos pratos descritos na saga de impacto internacional.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES