Notas de prensa

Arranca a tempada cinematográfica no Fórum Metropolitano con estreas europeas e chilenas

O Fórum Metropolitano inicia a nova tempada cinematográfica con estreas europeas e unha escolma do cine chileno máis premiado dos últimos anos. A actividade arranca o sábado, 10 de setembro, co ciclo Forumáxico e o seu primeiro espectáculo: Spiral do Mago Gusi.

O Fórum Metropolitano inaugura o xoves, día 8 de setembro, a nova tempada de programación audiovisual. A carteleira do espazo municipal acollerá desde esta fin de semana, e durante todo o mes de setembro, dous novos ciclos nas Salas Fernando Rey e Marilyn Monroe, que se centrarán no cine de estrea europeo así como no audiovisual chileno do último lustro. Esta escolma, programada coa colaboración do Consulado Honorario de Chile, ofrecerá a posibilidade de visionar na Coruña algúns dos traballos do país sudamericano máis e recoñecidos no circuíto internacional de festivais nos últimos tempos, como No, de Pablo Larraín, ou Gloria, de Sebastián Lelio.

A sesión inaugural da tempada dos dous ciclos -La danza de la realidad, de Alejandro Jodorowsky, e a italiana Mia Madre, de Nanni Moretti- será de balde, e para acceder a mesma poderá retirarse o convite desde media hora antes da proxección no despacho de billetes do Fórum. Nas demáis sesións, a Concellería manterá o prezo habitual, 3 euros (agás carné xove, maiores de 65 ou persoas desempregadas, que aboarán só 2 euros), e a reducida de 1,50 euros na última sesión do venres e primeira do sábado. As entradas poderán retirarse media hora antes de cada pase ou no despacho de billetes de luns a venres, desde as 10.30 até as 13.30, e de 16.30 até as 19.30 horas. Este ano tamén poderá adquirirse un abono de 5 películas por 12 euros.

Por outra banda, este sábado comezará tamen no espazo municipal o ciclo de maxia Forumáxico, unha cita que leva máis dunha década programando espectáculos de maxia e ilusión para o público infantil e que se desenvolverá ao longo do mes de setembro. O primeiro espectáculo será Spiral, do Mago Gusi, que dará paso o día 17 ao Lafayatte Show de Cayetano Lledó, e finalizará o día 24 de setembro co espectáculo I+D+I, de Dani Polo. Todas as representacións terán lugar no auditorio do Fórum ás 19.00 horas.

As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, pódense adquirir no despacho central de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas), a través de www.ticketea.com ou do teléfono 902.044.226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, sábados de 14.00 a 22.00 horas e domingos de 16.00 a 21.00 horas), e no despacho de billetes do propio recinto municipal o día da función, se quedan entradas dispoñibles. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento tamén facilitará a asistencia do público co abono familiar, que incluirá tres entradas para cada espectáculo por 12€.

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2016-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES