Notas de prensa

Preséntase en Ponta Delgada (Azores) un libro sobre emigración e exilio en Galicia

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, presenta "Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores", onde se narran experiencias comúns como a aparición e consolidación de novos medios de comunicación na diáspora, sen esquecer o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural.

A actividade, organizada coa Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento (FLAD), enmárcase dentro dos actos conmemorativos do corenta aniversario da autonomía da asemblea lexislativa das illas dos Azores. Ao acto tamén asisten dous coordinadores da publicación, Alberto Pena e Mário Mesquita, así como Michael Baum, administrador da FLAD.

No marco do corenta aniversario da autonomía da asemblea lexislativa dos Azores, o Consello da Cultura Galega presenta unha publicación que dá a coñecer os vínculos entre Galicia e os Azores en aspectos comúns, como foron as experiencias migratorias aos Estados Unidos: desde a integración dos emigrantes nas sociedades de acollida, as súas relacións co mundo do exilio, ata a aparición e consolidación de novos medios de comunicación na diáspora, sen esquecer o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural.

Alberto Pena, da Universidade de Vigo, ofrece unha conferencia titulada “A imprensa da imigração luso-americana”. A actividade, que terá lugar ás 18:30 (hora portuguesa) na Livraria Solmar (Av. Infante Henrique, 71 - Loja 7, Ponta Delgada), está organizada coa Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento, institución portuguesa que promove proxectos de cooperación entre a sociedade civil portuguesa e americana. A presentación tamén contará coa intervención do profesor Luís Andrades, da Universidade dos Açores.

Outras colaboracións entre o CCG e a FLAD

Esta presentación encaixa na liña de acción exterior e, nomeadamente, nunha liña de traballo que o CCG desenvolve coa FLAD desde hai un tempo e que se concretou en varios seminarios. O primeiro tivo lugar en Horta (Azores), organizado conxuntamente pola Fundação Luso-Americana e o Consello da Cultura Galega (coa colaboración do Goberno e da Universidade dos Açores), e nel analizáronse os diferentes procesos migratorios da comunidade galega e azoriana aos Estados Unidos de América (EUA). Os emigrantes azorianos concéntranse, nomeadamente, nos Estados Unidos, mentres que os galegos se espallan por todo o continente, aínda que a súa presenza no territorio norteamericano foi singular. A segunda cita tivo lugar en San Simón en 2012, centrábase na análise das relacións migratorias entre ambas as comunidades e os seus resultados son os que recolle a publicación que mañá se presenta.

Fotografía e máis información en: http://consellodacultura.gal/noticia/4715

Consello da Cultura Galega, 2016-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES