Archivo (1 del 2013)

Buscador

Noticias

Concedido pola International Union of Folklore Associations, o galardón Oscar Internacional do Folclore 2012 recoñece o labor de Queixumes dos Pinos de recuperación e posta en valor da cultura tradicional galega. Foi entregado na localidade portuguesa de Guimaraes.
A través dos traballos presentados nas distintas modalidades de literatura, fotografía e curtametraxes, esta asociación ecoloxista (Adega), en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, pretende promover a defensa do territorio.
A Consellería de Cultura e Educación colaborará coa Fundación Penzol e co Concello de Lourenzá na celebración do centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, co obxectivo de difundir o labor dunha das figuras máis senlleiras da cultura galega no século XX.
Preséntase o 9 de xaneiro no Museo do Pobo Galego o novo volume titulado A luminosa mirada dos ollos de Isaac, dentro da colección Cadernos Ramón Piñeiro. Con esta obra lémbrase o labor deste intelectual.
A delegada territorial do Goberno galego, Raquel Arias, inaugurou a exposición, da que destacou que “representa a capacidade de perpetuarse e estimular a creatividade cultural” nun momento como o actual. Está integrada por 21 cadros orixinais.
A obra de teatro ‘Avós... nunca é tarde’, para sensibilizar ás persoas maiores sobre a corresponsabilidade, forma parte dun programa da Secretaría Xeral da Igualdade para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da educación libre de estereotipos, a través do seu labor de coidado dos seus netos e netas.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (130)

2024 (365)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES