
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de entregar os premios do II Concurso Fotográfico Fotografías polo territorio, do II Certame de Relatos O lugar onde vivo e do I Certame de CurtametraxesE ti que é o que ves, que organiza a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) en colaboración coa Vicepresidencia do organismo provincial.
O obxectivo do concurso de fotografía foi, por unha banda, ofrecer imaxes nas que se mostraran ocasións nas que a actividade humana supuxera unha agresión ao noso país, xa sexa contra o patrimonio, a cultura ou a paisaxe, en definitiva: a identidade territorial. Por outra, imaxes nas que se puxera en valor este patrimonio. Plantexáronse dúas categorías para este premio, xuvenil e adulta, presentándose un total de 50 traballos. A gañadora da categoría xuvenil foi Marcos Utreta pola súa fotografía Frío, e o da categoría adulta, Alberte Sánchez pola súa obra Mar de contaminación.
No caso do certame literario tamén participaron máis de 40 relatos, e para decidir os gañadores, o xurado baseouse na orixinalidade, a calidade literaria, a coherencia do código lingüístico empregado e que o territorio galego figurara no relato. Os vencedores desta modalidade foron, na categoría xuvenil, o relato A cadeira da moura de Daniel Duque, e na categoría adulta, Ribeira de Francisco Castro.
No marco da campaña Ponte no medio. Móvete polo territorio, este ano ADEGA tamén convocou o I Certame de Curtametraxes E ti que é o que ves?, co gallo de que a sociedade retratara o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Cóntame como era, de Marisa Otero López foi a obra gañadora.
ADEGA é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países. É a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.