Archivo (4 del 2012)

Buscador

Noticias

Asínanse acordos coas asociacións de aloxamento de turismo rural, axencias de viaxes, hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, instalacións náutico deportivas e campos de golf para incentivar a implantación, renovación ou certificación da Marca Q de Calidade Turística.
As axudas a producións ou coproducións de longametraxes para cine, televisión e documentais dótanse cun orzamento máximo de 2,9 millóns de euros. As dirixidas ás industrias culturais distribuirán un importe global de 1.290.000 euros para actividade escénica, crédito-cultura, salas escénicas, distribución e asociacionismo profesional.
A contratación da electricidade no mercado libre, os prezos da enerxía, a modernización do mantemento ou as empresas de servizos enerxéticos son algunhas das cuestións sobre as que se informa. Tamén se facilita información sobre as distintas liñas de axudas ofrecidas polo Inega.
Pese a crise económica, Agadic cre que hai unhas grandes expectativas de crecemento para lograr, como obxectivo máximo, duplicar as cifras que sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros.
O sábado 21 de abril, a compañía de Teatro Chévere escenifica de novo o seu espectáculo "Ultranoite" no Auditorio da Ramallosa, en Teo, logo do éxito de público das anteriores sesións. O teatro regresa o 28 e 29 de abril a este esceario coa obra "Citizen".
Bajo el lema "Por el conocimiento más periodismo" se presentó la Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago en el transcurso de la 72 Asamblea de la Federación Española de Asociaciones de Periodistas (FAPE), en Valladolid.
Cultura e Educación promove una exposición que convida ao alumnado galego a reflexionar sobre a figura de Valentín Paz-Andrade a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2012. Unha homenaxe concentrada en cinco paneis con textos e audiovisuais sobre a vida e a obra do poeta, ensaísta, político e pioneiro na renovación da industria pesqueira galega.
Gharbo!, única coprodución de 2012 da unidade de danza da Agadic, preséntase como un espectáculo “multidisciplinar e anovador”. Gharbo! significa para eles esa capacidade compartida de saír adiante, ese trasno, maxia, elegancia e desenvoltura no movemento corporal.
Antonio Veiga asinou o convenio coa Escudería Miño. por unha cantidade de 40.000 euros, de cara a sufragar os gastos deportivos nesta anualidade, mantendo o compromiso desta institución para potenciar o mundo do motor lucense.
Agadic promove unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, Manuel María de Literatura Dramática Infantil e Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto). Están dotados cun premio de 6.000 euros cada un.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2025 (172)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES