Notas de prensa

Os concellos xa poden acceder ao servizo específico de asesoría enerxética

A contratación da electricidade no mercado libre, os prezos da enerxía, a modernización do mantemento ou as empresas de servizos enerxéticos son algunhas das cuestións sobre as que se informa. Tamén se facilita información sobre as distintas liñas de axudas ofrecidas polo Inega.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon en marcha un servizo de asesoría enerxética específico para os concellos co obxectivo de facilitar a toma de decisións relacionadas co consumo eléctrico, contribuíndo á potenciación do aforro e a eficiencia enerxética. Así, todos aqueles que o desexen poderán plantexar as súas dúbidas enviando un correo electrónico a inega.asesoriaenerxetica@xunta.es; ou no número de teléfono 981 541 540 habilitado con este motivo.

A través deste servizo específico, centralízase a atención que se ofrece aos municipios para que poidan resolver e aclarar as distintas dúbidas que lles xorden en campos como a contratación da electricidade no mercado libre, os prezos a pagar pola enerxía ou a modernización do mantemento. Así atenderanse de xeito individualizado as consultas dos concellos, contribuíndo á optimización do seu consumo eléctrico, que supón, de media, o 78% do consumo enerxético municipal.

Entre outros asuntos, tamén poden obter información sobre empresas de servizos enerxéticos –empresas que proporcionan servizos enerxéticos ou de mellora da eficiencia enerxética amortizando ditos servizos en función dos beneficios obtidos das melloras na eficiencia enerxética-.

Neste contexto, o servizo servirá, tamén, para que os concellos poidan consultar as múltiples liñas de axuda que o Instituto Enerxético de Galicia pon cada ano a súa disposición. A través destas liñas, o Inega leva concedidos no último ano máis de 3,6 millóns de euros para que os municipios realicen auditorías enerxéticas, renoven as instalacións de iluminación pública exterior por outras máis eficientes, aborden estudos de viabilidade para a elaboración de planes de mobilidade urbana sostible, ou aposten polas enerxías renovables nas súas instalacións.

Esta asesoría específica para concellos complementará á ferramenta informática de cálculo das tarifas eléctricas na que está a traballar tamén o Inega. A través desta aplicación, os municipios poderán consultar a idoneidade da potencia contratada, comprobar a coherencia dos consumos en función do tipo de subministro, ou estudar a conveniencia de optar pola discriminación horaria. Os resultados obtidos poderán ser cotexados neste novo servizo de asesoría enerxética, resolvendo as dúbidas cos técnicos do Inega empregados na mesma.

Co desenvolvemento deste novo servizo específico, a Consellería de Economía e Industria reitera a súa aposta polo aforro e a eficiencia enerxética ao tempo que contribúe ao aforro económico dos concellos, que en función das súas características poden solicitar distintas liñas de axuda postas en marcha polo Inega, como as destinadas á realización de auditorías enerxéticas ou a substitución de luminarias por outras máis eficientes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES