Notas de prensa

O emprendemento nas industrias culturais galegas, a debate na Coruña

Pese a crise económica, Agadic cre que hai unhas grandes expectativas de crecemento para lograr, como obxectivo máximo, duplicar as cifras que sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de organizar a primeira convocatoria das Xornadas de Emprendemento nas Industrias Culturais que se celebran ata o 26 de abril en campus universitarios galegos.

A primeira xornada, desenvolvida a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), en colaboración coas tres universidades galegas e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar foi inaugurada hoxe por Beatriz Mato na Facultade de Ciencias da Comunicación do campus da Coruña.

Características básicas

Na conferencia inaugural das xornadas, o director da Agadic (Axencia galega das Industrias Culturais), Juan Carlos F. Fasero, explicou as características básicas das industrias culturais, salientando que estas abranguen desde o proceso creativo ata a produción, a comercialización, a comunicación e a difusión.

Con respecto ao escenario actual deste sector en Galicia, indicou que pese a crise económica existen unhas grandes expectativas de crecemento que identifican como obxectivo máximo conseguir duplicar as cifras que hoxe sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros. Como exemplo desta previsión de crecemento, Fasero destacou que o das industrias culturais é un dos poucos sectores no que o número de empresas medrou entre os anos 2009 e 2011.

Cambio de estratexia

Nesta mesma aposta pola expansión, o director da Agadic puntualizou que é necesario un cambio de estratexia que pasa polo fomento da comercialización e da internacionalización dos produtos, un aspecto no que a propia Axencia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concede axudas ao empresariado galego do sector.

Fasero lembrou así mesmo a boa consideración do traballo dos galegos fóra da nosa Comunidade, tanto no aspecto creativo como no profesional, “como é o caso –dixo- das producións audiovisuais ou musicais, nas que sempre hai equipos galegos traballando a nivel nacional e internacional”. Neste sentido, engadiu que unha das materias pendentes en Galicia é “crer na nosa calidade” non só como produto, senón tamén na comercialización, na distribución, na comunicación e na difusión.

Animou, por tanto, aos universitarios asistentes á xornada a contribuír ao emprendemento nas industrias culturais, xa que “existen aínda numerosos nichos de mercado por cubrir ou cunha escasa traxectoria de explotación”, asegurou.

Oportunidades laborais

Pola súa banda o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado de clausurar hoxe o encontro e sinalou que “o sector cultural é nestes momentos un sector con oportunidades laborais, con moito autoemprego e, polo tanto, cunha perspectiva de futuro dentro do contexto actual”.

Asemade destacou que “levar a cabo proxectos empresariais nun momento de dificultades económicas quere grandes dotes de creatividade, nos que vós, as novas xeracións, ben preparadas e con ideas renovadoras, ides ter moito que dicir. E non só dentro do ámbito empresarial propiamente do sector cultural e turístico, senón tamén como profesionais ao servizo doutros sectores que poden atopar na cultura, nas artes e na creatividade un valor engadido para os seus servizos e produtos”, ao que engadigu que “espero que as experiencias que coñecestes hoxe da man de profesionais do sector vos resultasen de interese e que teñades azos e valentía para apostar pola innovación, por poñer no mercado propostas singulares que contribúan a esta construción colectiva da Cultura galega”.

A programación

As xornadas continuarán o xoves 19 de abril en Pontevedra, en concreto na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, e o mércores 25 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais os encontros serán pechados polo conselleiro Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, realizará a apertura da última das sesións, prevista para o xoves 26 de abril no Campus de Ourense, dentro da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES