
A exitosa estrea do espectáculo das Ultranoites no Concello de Teo, con máis de 500 espectadores e as entradas agotadas nas dúas representacións da pasada fin de semana, levou á compañía Chévere a decidir repetir este sábado 21 de abril. A actuación será a partir das 23 horas no auditorio do centro sociocultural da Ramallosa.
A compañía residente en Teo non deixou de recibir peticións, a través das redes sociais e por vía telefónica, para que ofrecese unha función extra. Trátase de persoas que non puideron facerse con entrada para a pasada fin de semana, e que agora terán unha nova oportunidade.
As entradas están xa á venda de maneira anticipada por internet, a través da web www.redenasa.tv. Como novidade, tamén se venden ata o sábado ás 15 horas en tres establecementos do municipio: o bar A Santa Sede (A Ramallosa), o bar A Capilla (Calo), e o bar A Senra (Pontevea). Nesta ocasión non se reservan entradas para despachar en billeteira o sábado antes da Ultranoite. Non obstante, se sobran na venda anticipada os rezagados aínda poderían obter a súa no propio auditorio desde unha hora antes de comezar a Ultranoite.
O Concello valora a excelente acollida que tiveron as Ultranoites como unha constatación de que a chegada de Chévere a Teo como compañía residente ten un efecto dinamizador a nivel local non só na programación cultural, senón tamén no eido económico. Hai que ter en conta que, ademais de espectadore de Teo, unha gran parte do público que acudiu a semana pasada ás Ultranoites eran veciños de Santiago e doutros municipios da comarca.
Citizen, o 28 e o 29 de abril
A programación de Chévere no auditorio da Ramallosa non se detén aí, xa que o sábado 28 de abril (20 horas) e o domingo 29 (19 horas) ofrecerá Citizen. As entradas tamén se venden a través da web. A obra foi a gran triunfadora na recente edición dos premios María Casares, nos que levou tres galardóns: mellor espectáculo; mellor dirección (Xesús Ron); mellor música orixinal; mellor actriz secundaria (Mónica García); y mejor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo).
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.