Archivo (7 del 2011)

Buscador

Noticias

Durante as xornadas, Turgalicia participa neste evento, que xa reuniu ata o momento a máis de 75.000 persoas nas cidades británicas de Liverpool, Londres e Leeds. As principais rúas desta cidade británica acollen unha mostra dos produtos gastronómicos galegos, xunto aos doutros territorios españois.
Representantes das consellerías de Educación e de Sanidade, xunto coas tres universidades galegas, constitúen o Consello para a Coordinación da Docencia Clínica. O seu obxectivo é afondar na colaboración das institucións implicadas na formación dos futuros profesionais sanitarios.
A Xunta distingue coa Medalla de Ouro de Galicia ao Instituto da Lingua Galega (ILGA) e ao profesor e investigador da USC Ángel Carracedo. Destaca o labor de estudo da lingua galega polo ILGA desde hai 40 anos, e a contribución de Carracedo ao posicionamento de Galicia na ciencia e na medicina.
A colección Biblioteca Dramática Galega, aberta con Edicións Xerais, incorpora “Chegamos despois a unha terra gris”, de Raúl Dans; e “Os reloxos preguiceiros de Néboa”, de Xavier Lama. Con Baía Edicións publícanse “Pedra sobre pedra”, de Xosé A. Neira Cruz; e “Fábula galénica”, de Inacio Vilariño.
A UIMP promove ata o 15 de xullo no Arquivo do Reino de Galicia o encontro Cen anos de Cunqueiro plantexado como homenaxe ao que foi gran fabulador, soñador de palabras e embaixador da Galicia mítica.
O festival Via Stellae ofrece o mércores 13 de xullo, na Igrexa da Universidade de Compostela, un concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Rubén Gimeno, un dos valores en alza na dirección orquestral española.
As dúas entidades danlle continuidade ao convenio para o fomento do galego na semana en que se cumpren 126 anos do pasamento da escritora. Así o ratificaron representantes da Xunta e da Fundación Rosalía de Castro, na Casa-Museo da escritora en Padrón, onde presentaron outros actos de divulgación desta figura clave das letras do Rexurdimento.
Sanidade e a Federación Galega de Panaderías distribuirán 2 millóns de bolsas con consellos sobre hábitos de vida saudables. As bolsas distribuiranse durante 15 fins de semana nas panaderías asociadas e levan impresas dez mensaxes diferentes sobre o valor nutricional do pan galego.
O teatro principal de Santiago acolle o martes 12 de xullo a ópera barroca Semiramide Riconosciuta, unha coprodución do Festival Via Stellae e o certame francés de Beaune. O 13 de xullo a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia interpreta no Auditorio de Galicia a obra Capricho e danza.
Trátase da primeira revista española de Historia da Arte en ingresar no recoñecido índice de citas da base de datos bibliográfica Scopus con máis de 18.000 referencias a revistas científicas de todo o mundo que o fan un dos indicadores de calidade das publicacións universitarias.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES