Notas de prensa

Constitúese o Consello para a Coordinación da Docencia Clínica

Representantes das consellerías de Educación e de Sanidade, xunto coas tres universidades galegas, constitúen o Consello para a Coordinación da Docencia Clínica. O seu obxectivo é afondar na colaboración das institucións implicadas na formación dos futuros profesionais sanitarios.

Celebrouse a xuntanza de constitución do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica, conformado polas consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e Sanidade, e as tres universidades galegas. Este órgano, creado polo Decreto 104/2011, do 12 de maio (publicado no DOG do 7 de xuño) ten como principal obxectivo afondar na colaboración entre as institucións implicadas na formación dos futuros profesionais da sanidade na nosa comunidade autónoma.

Os asistentes

O encontro no que quedou constituído o Consello para a Coordinación da Docencia Clínica celebrouse esta maña na Consellería de Educación, en San Caetano. No mesmo estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, por delegación do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, José Alberto Díez de Castro; e a xerente do SERGAS, por delegación da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez.

Representando aos centros sanitarios do SERGAS en que se imparte docencia clínica asistiron o subdirector xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Sergas, Javier Paz Esquete; o xefe de sección de Neuroloxía no CHUS, José Castillo Sánchez; o director de Organización e Xestión Clínica no CHUAC, José Manuel Vázquez; e o subdirector médico no CHUVI, Ubaldo Álvarez Torres.

Mentres que en representación das universidades públicas de Galicia, estiveron presentes por parte da Universidade da Coruña o vicerreitor de Profesorado, por delegación do reitor, José Luís Armesto Barbeito; e o profesor, Alfonso Castro Beiras. Pola Universidade de Santiago de Compostela estivo o reitor, Juan José Casares Long e o comisionado para Ciencias da Saúde, Manuel Macía Cortiñas; mentres que pola Universidade de Vigo, asistiron a vicerreitora de Organización Académica, Profesorado e Titulacións, por delegación do reitor, Margarita Estévez Toranzo; e o profesor Federico Mallo Ferrer.

Funcións

O Consello, que se reunirá en convocatoria ordinaria semestralmente, terá entre as súas funcións propor o recoñecemento de centros hospitalarios como hospital universitario, e emitirá informe sobre a proposta de nomeamento dos membros das comisións docentes hospitalarias que se constituirán en cada centro sanitario. Neste eido proporá, ademais, fórmulas de coordinación entre actividades asistenciais, docentes e investigadoras, e fórmulas de organización da docencia clínica dos graos en Ciencias da Saúde.

Doutra banda, será tamén tarefa deste consello emitirá informe sobre a oferta de prazas para o ingreso nos graos en Ciencias da Saúde impartidas polas universidades do Sistema Galego de Universidades en función das necesidades asistenciais de Galicia no sector, sen prexuízo da competencia das universidades e da consellería competente en materia de ensino universitario.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES