Notas de prensa

A Revista Quintana, da USC, ingresa na recoñecida base de datos Scopus

Trátase da primeira revista española de Historia da Arte en ingresar no recoñecido índice de citas da base de datos bibliográfica Scopus con máis de 18.000 referencias a revistas científicas de todo o mundo que o fan un dos indicadores de calidade das publicacións universitarias.

A revista Quintana de estudos de Historia da Arte da USC acaba de ser incluída no índice de citas Scopus, base de datos bibliográfica que incorpora máis de 18.000 referencias a revistas científicas de todo o mundo que o fai un dos máis recoñecidos indicadores para a avaliación da calidade das publicacións universitarias. Quintana alcanza así un dos máximos recoñecementos que no ámbito das entidades avaliadoras poida obter unha publicación destas características.

De acordo coa listaxe de revistas actualizado o marzo pasado, Quintana é a primeira española de Historia da Arte en ingresar en Scopus. Da USC só figuraba neste índice a Revista Galega de Economía, polo que a publicación impulsada polo Departamento compostelán de Historia da Arte e dirixida pola profesora María Luisa Sobrino Manzanares é tamén a primeira da área das Humanidades da USC.

O valor e interese dos traballos publicados, o rigor e calidade na súa selección, os autores dos artigos ou a repercusión no eido da Historia da Arte son algúns dos argumentos que contribuíron á inclusión de Quintana en Scopus, quen destaca especialmente a súa “excelente liña e política editorial”.

A revista conta con nove números publicados cunha periodicidade anual que comezou en 2002 co patrocinio económico da Deputación da Coruña en todos eles. Ao longo de todos estes anos publicaron nela numerosos especialistas de España, Europa e América ata o punto de que Quintana está incluída nas bases de datos BHA, FRANCIS, Ulrich’s, Regesta Imperii, ISOC-CSIC, Rebiun, Dialnet, MIAR ou DICE-CINDOC, cumprindo ademais os 33 criterios esixidos por Latindex para revistas impresas, que xunto coa da USC entre as de arte en España só cumpre Archivo Español de Arte do CSIC.

Quintana

A revista acolleu nos seus nove números investigacións orixinais sobre calquera das especialidades do campo das artes, incluídas a música e o cine. Pero tamén dedicou páxinas a potenciar aproximacións interdisciplinares que enriquecen o estudo da historia da arte en ámbitos como a literatura, a filosofía, a xeografía ou a historia cultural.

En cada número abórdase un tema monográfico, encargado a destacados especialistas internacionais, e unha sección de colaboracións de tema libre na que foi crecente a achega de persoal investigador de universidades de toda España e de Iberoamérica.

Fotografía: USC (arquivo)

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2011-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES