
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou na inauguración do encontro Cen anos de Cunqueiro, que organiza a Universidade Internacional Menéndez Pelayo na sede do Arquivo do Reino de Galicia do 13 ao 15 de xullo. O director xeral cualificou a Álvaro Cunqueiro como o meirande fabulador da literatura europea das últimas décadas, o herdeiro natural dos trobadores medievais.
Segundo Francisco López, o grande mérito de Cunqueiro non foi só recoller a nosa enraizada tradición de oralidade, senón empregar o seu enorme talento para renovala e reforzala, ata convertela nunha obra literaria tan abundante como tremendamente orixinal. O director xeral explicou que cando se lee Cunqueiro un pode lembrar as historias dos nosos devanceiros e admirar os modernos recursos narrativos que utilizaba o escritor mindoniense. Nesa mestura radica o éxito da construción dun universo máxico que anticipou o camiño polo que despois discorrería boa parte da novela do último terzo do século XX, asegurou.
Para o responsable da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, tal capacidade para fabular só a pode despregar un auténtico soñador, un fabulador que cando escribía describía as illas nas que Ulises pasaba as súas mocidades, facíao inspirándose nas Cíes e en Sálvora; e cando pintaba un porto do Golfo Pérsico, pensaba en Foz ou Viveiro; e cando falaba da Bretaña do Sochantre de Pontivy, en verdade estaba a falar de Galicia. Porque no fondo, era de Galicia do que sempre falaba Cunqueiro, engadiu.
Francisco López gabou o a programación e o nivel dos ponentes que ata o vindeiro 15 de xullo pasarán polo Arquivo de Galicia para falar do legado literario de Cunqueiro, o que cualificou como unha excelente homenaxe aos cen anos do gran fabulador, do soñador de palabras, do embaixador da Galicia mítica e do namorado da lingua. Finalmente, o director xeral asegurou que este curso achegará e complementará un pouco máis o fantástico universo que creou don Álvaro, aínda que a única forma de internarse de cheo nos recunchos dese universo e lendo as súas extraordinarias historias.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.