Notas de prensa

A Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, no 800º aniversario da Catedral de Santiago de Compostela

O festival Via Stellae ofrece o mércores 13 de xullo, na Igrexa da Universidade de Compostela, un concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Rubén Gimeno, un dos valores en alza na dirección orquestral española.

O festival Via Stellae programa o mércores 13 o cuarto dos seus concertos e primeiro no escenario do Auditorio de Galicia de Santiago coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia como protagonista. A formación musical galega presenta a partir das 20,30 horas o seu concerto Capricho e danza, un espectáculo froito do encontro orquestral para novos intérpretes que estes días organiza na cidade herculina o Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, e que está sendo impartido polos profesores da Orquestra Sinfónica de Galicia, considerada unha das mellores orquestras españolas. O festival, que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo coa colaboración do Consorcio de Santiago e o concello compostelán, celebrase no marco do Ano da Música de Galicia e do 800 aniversario da Catedral de Santiago.

Os 81 novos músicos da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia ofrecerán no Auditorio de Galicia un concerto que xira en torno á corrente musical do século XIX e principios do XX que se definiu como Nacionalismo. O programa inclúe, en concreto, célebres fragmentos orquestrais do Nacionalismo español e ruso como a ópera La vida breve, do gaditano Manuel de Falla; as Danzas fantásticas, do sevillano Joaquín Turina; ou os coñecidos Capricho Italiano de Tchaikovski e Capricho Español de Rimski‐Korsakov.

à fronte da Orquestra Nova en Capricho e danza vai estar neste concerto do Via Stellae 2011 Rubén Gimeno, un dos valores en alza dentro da dirección orquestral en España. Graduado na Universidade de Maryland e alumno de Jorma Panula no Conservatorio de Estocolmo, é director titular da Orquestra Sinfónica do Vallés (Cataluña) e foi director artístico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia durante case unha década, ao mesmo tempo que violinista da Sinfónica de Galicia. Como director convidado colaborou coa maior parte das orquestras españolas e dirixiu a solistas da talla de Dimitri Sitkovetsky, Fazil Say, Kirill Gerstein, María Bayo,ou Michel Camilo.

Pola súa parte, a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia é un dos proxectos educativos máis serios e orixinais do panorama musical español, unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros músicos profesionais á imprescindible práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Desde a súa fundación en 1994, a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia permitiu a centos de mozos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company entre outros. A Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia forma parte da gran familia musical da Sinfónica de Galicia, integrada ademais pola Orquestra de Cámara, o Coro, o Coro Joven, os Nenos Cantores e, de máis recente creación, a Orquestra de Nenos.

Concerto na Igrexa da Universidade

O sevillano Fahmi Alqhai, un dos mellores músicos da actualidade en interpretacións coa viola de gamba, será o protagonista deste concerto programado para o xoves 14, ás 20,30 horas, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. As voces da viola é o primeiro dos tres espectáculos do Festival Via Stellae 2011 que se van celebrar neste recinto sacro e que poderán ser gozados de balde, previa retirada das entradas no despacho de billetes do Teatro Principal. O concerto do xoves inclúe música de autores dos séculos XVI, XVII e XVIII de Francia, Inglaterra e España, que, a pesar de gozar de fermosos sons, segundo a crítica, é pouco difundida.

O programa, que inclúe obras dos españois Diego Ortiz e Gaspar Sanz, do inglés Tobias Hume e dos franceses Charles Dollè, Antoine Forqueray e Marin Marais, fai un repaso á historia deste instrumento de singular son que caeu no esquecemento durante o século XVIII e que nos últimos vinte anos comezou a adquirir de novo presenza nas salas de concerto. Con 35 anos de idade, o mestre Alqhai é requirido dende moi novo polas agrupacións máis importantes do panorama internacional da música antiga e barroca e ofrece concertos nas salas e festivais máis destacados de Europa, Estados Unidos, Xapón e Sudamérica. Ten realizado numerosas gravacións discográficas, para radio e televisión por todo o mundo, sendo ademais o fundador do selo Alqhai&Alqhai. Este músico dirixe tamén o seu grupo Accademia del Piacere e, dende hai dous anos, é director artístico do FeMÃS (Festival de Música Antiga de Sevilla).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES