Buscador
Noticias
A secretaría xeral de Política Lingüística publicou as bases do certame, que consiste na elaboración dunha exposición arredor da vida e da obra de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio de 2012, co fin de difundir a vida e obra deste escritor entre o alumnado galego.
Publicado o decreto polo que se acepta a cesión durante trinta anos do fondo bibliográfico e documental de Carlos Casares para o seu uso na Biblioteca e o Arquivo de Galicia. En total son 6.000 volumes de obras de variada temática e tipoloxía aos que se suma un arquivo particular do escritor.
O artista norteamericano Thomas Hampson ofrece un concerto no Teatro Colón da Coruña no marco do ciclo Grandes Voces. O conselleiro de Cultura da Xunta, Roberto Varela, di que o Ciclo Galicia Classics contribúe a situar a Galicia no circuíto internacional da música clásica.
La firma de moda coruñesa Perdona Bonita, dirigida por la creativa y diseñadora Marya B., presenta su nueva colección "Arcoiris" en el Hostel de los Reyes Católicos, de Santiago de Compostela, en el marco de Galicia Fashion Week. Tokio, Londres o París ya son puntos de venta de esta firma gallega.
Os cantantes de soul Aloe Blacc e Bettye Lavette despiden a edición 2011 do ciclo Galicia Importa. O californiano Blacc actúa o 6 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, mentras Labette ofrece un concerto o 8 de novembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Cultura e Turismo presenta na Biblioteca Pública Ánxel Casal unha exposición sobre a obra dos ilustradores Xoana Almar e Miguel Peralta, nos libros "Que lle acontece a avoa?" e "Os lunares de Lola", publicados pola Editorial Triqueta Verde.
O libro sintetiza a tese de doutoramento homónima defendida en 2007 na Universidade da Coruña por Xosé Manuel Fernández Castro que relata a construción da poética teatral propia dun dos mellores dramaturgos galegos de todos os tempos.