
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou xunto ao artista Thomas Hampson no Conservatorio da Coruña o recital que o barÃtono norteamericano ofrecerá na cidade herculina mañá dÃa 8 de novembro no marco do ciclo ‘Galicia ClassicsÂ’ promovido pola Xunta de Galicia no Ano da Música 2011. O conselleiro asegurou que o ciclo “está a contribuÃr a situar á nosa Comunidade no circuÃto dos grandes eventos da música clásica internacional”. A presentación contou coa participación da soprano Alba López, a mezzosoprano Nuria Lorenzo e o barÃtono Eliseu Mera, participantes nunha master class que ofrecida por Thomas Hampson no Conservatorio da Coruña. Ademais estiveron presentes o director de Galicia Classics, César Wonenburger e o responsable da Cátedra de Canto do Conservatorio da Coruña, Antón de Santiago.
Na súa intervención, o conselleiro destacou a calidade de Hampson e definiuno como “un dos mellores e máis recoñecidos barÃtonos da actualidade”, ademais de estar considerado como “o mellor intérprete dos lieder de Gustav Mahler, algo que ten demostrado tanto en directo como nos traballos de estudio”.
Roberto Varela amosou a súa satisfacción con este evento xa que “é un privilexio poder ter por primeira vez en Galicia a Thomas Hampson interpretando a Mahler, precisamente no ano no que se conmemora o centenario do falecemento do compositor, xenial e influente como poucos dentro da historia da música”. O responsable de Cultura subliñou o talento do barÃtono estadounidense que, ademais, “ten amosado un grande interese pola innovación, a investigación, a ensinanza e a difusión da música, especialmente a través da súa Fundación, a Hampsong Foundation, que traballa dende 2003 para pór en valor o potencial da música como fonte de entendemento entre culturas”.
O conselleiro resaltou a calidade do ciclo que da continuidade ao Xacobeo Classics no Ano da Música de Galicia e que ofrece unha nova oportunidade de ver en directo a “algúns dos meirandes intérpretes, directores e formacións do mundo”. Neste sentido, Varela lembrou os últimos concertos de grandes nomes como John Eliot Gardiner e o Monteverdi Choir ou Esa Pekka Salonen e a Philharmonia de Londres, e recordou outros anteriores como os de Daniel Barenboim e a Staatskapelle BerlÃn, Georges Prêtre e a Filarmónica de La Scala, Mischa Maisky, Elina Garança ou Gregory Kunde.
Recoñecemento mundial
O lendario barÃtono norteamericano Thomas Hampson constitúe unha das máis importantes figuras da lÃrica nas últimas tres décadas. Thomas Hampson presenta unha singular traxectoria internacional como cantante de recitais e de ópera e gravou unha chea de discos, ademais de manter un interese activo no ensino, a investigación e a tecnoloxÃa. Este barÃtono actuou nas salas de concerto e nas óperas máis importantes do mundo canda moitos cantantes, pianistas, directores de orquestras de sona. Gabado por The New York Times pola súa “insaciable curiosidade” é un dos solistas máis respectados, innovadores e cobizados da escena actual.
Hampson goza dun gran recoñecemento a nivel mundial grazas aos seus creativos programas, documentados polo miúdo, que exploran o sofisticado repertorio da canciónnun amplo abano de estilos, idiomas e perÃodos. É un dos intérpretes máis importantes do repertorio romántico alemán, e co seu aclamado proxecto ‘Song of AmericaÂ’ en colaboración coa Library of Congress, converteuse no ‘embaixadorÂ’ da canción estadounidense. A través da Hampsong Foundation, fundada en 2003, emprega a arte da canción para fomentar o diálogo e o entendemento entre culturas.
A temporada 2010-2011 de Hampson estivo dominada por representacións con motivo do 150 aniversario do nacemento de Gustav Mahler e o centenario da súa morte. Recoñecido como o intérprete actual máis destacado das cancións do compositor austrÃaco, o barÃtono iniciou as celebracións a nivel mundial en Kalitse, República Checa, cun recital desde a casa na que naceu o compositor, asà como un concerto orquestral televisado a nivel internacional. Durante esta temporada interpretou a Mahler con orquestras como a Filharmónica de Viena, a Filharmónica de Nova York, a Sinfonieorchester des Norddeutschen Rundfunks, a Gustav Malher Youth Orchestra e a Filharmónica Checa con directores de orquestra da talla de Alan Gilbert, Maris Jansons, Philippe Jordan e Antonio Pappano. Asà mesmo Hampson onterpretou cancións do compositor en recitais en Múnic, ParÃs, Ãmsterdam, Bruxelas, Zúric, Milan e Oslo, e presentou a integral do compositor como ‘Mahler Artist-in-ResidenceÂ’ na Elbphilarmonie de Hamburgo. O seu novo álbum, Des Knaben Wunderhorn, canda os Wiener Virtuosen –un conxunto sen director formado polos principais músicos da FilharmonÃa de Viena- obtivo un grande éxito. Nesta ocasión e acompañado do pianista Wolfram Rieger, Hampson interpretará varios dos lieder contidos no seu último disco para a prestixiosa firma Deutsche Grammophon. Será o primeiro concerto en Galicia de Hampson, quen ademais ofrecerá unha master class aos cantantes galegos Alba López, Nuria Lorenzo, e Eliseu Mera.
Hampson criouse en Spokane, Washington,e foi galardoado cunha morea de honores e premios pola súa gran mestrÃa na artee o seu liderado cultural. Coa súa discografÃa que inclúe máis de 150 álbums, gañou un Premio Grammy, dous Premios Edison e o Grand Prix du Disque. É doutor honoris causa pola Manhattan School of Music, o Wirtworth Coleege (WA) e o San Francisco Conservatory e é membro honorÃfico da Royal Academy of Music de Londres. Na temporada 2009 – 2010 foi o primeiro artista permanente da FilharmonÃa de Nova York e en 2011 outorgáronlle o Premio Concertgebouw. Posúe os tÃtulos Kammersänger da Ópera Estatal de Viena o de Chevalier de lÓrdre des Arts e des Lettres de Francia e, en 2004 concedéronlle a Medalla de Honor das Artes e das Ciencias AustrÃaca. é o gañador do Distinguished Artistic Leadership Award en 2009 do Atlantic Council de Washingnon D.C., en 2008 foi nomeado Asesor Especial para o Estudo e a Interpretación da música nos Estados Unidos polo Dr. James H. Billington, bibliotecario do Congreso estadounidense. En 2010, Hampson foi elixido membro da American Academy Of Arts and Sciences.
Próximos eventos do Galicia Classics na Coruña
Tras a actuación de Thomas Hampson, o Teatro Colón acollerá de novo un gran espectáculo o vindeiro 4 de decembro. Nesta cita, a sala herculina recibirá ao número un dos contratenores da actualidade, Philippe Jaroussky. O cantante francés chegará a Galicia xunto á Orquestra Barroca de Friburgo para interpretar un programa con algunhas das máis coñecidas arias de óperas de Georg Friedrich Händel. Philippe Jaroussky completará a súa xira española cun concerto no Teatro Real de Madrid poucos dÃas máis tarde. As entradas para estas dúas agardadas citas do ciclo de ‘Grandes VocesÂ’ do Galicia Classics xa están á venta a través do servizo de localidades de Novacaixagalicia. Polo Galicia Classics tamén pasarán este outono primeiras figuras e agrupacións da música internacional como o Cuarteto Emerson, que actuará en Santiago, ou os pianistas Andreas Haefliger e Jorge Luis Prats.
Ademais, o vindeiro 27 de decembro no mesmo escenario, a agrupación xuvenil Cantábile, que o ano pasado interveu na ópera ‘ParsifalÂ’ do Xacobeo Classics, abordará a súa primeira produción dunha ópera, a obra mestra de Henry Purcell ‘Dido e EneasÂ’, que no seu dÃa se estreou nun colexio. O tenor Pablo Carballido, responsable da laureada agrupación coral coruñesa, seleccionou as voces para esta aproximación á ópera barroca, realizada con elementos integramente galegos.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüÃsticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxÃas activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxÃas da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de ArtesanÃa 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor MartÃnez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornerÃa de madeira, resultou gañador na categorÃa Produto e a Fundación ArtesanÃa de Galicia obtivo o recoñecemento na categorÃa Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'ArtesanÃa no Prato'.