Buscador
Noticias
A Secretaría Xeral da Igualdade e o CGAI da Coruña promoven un ciclo de cine conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A campaña inclúe un spot que se emite na TVG, nas salas de cine e nos autobuses urbáns das principais cidades galegas.
Australia ocupa o posto número 16 na clasificación de nacións que máis peregrinos aportan a Santiago, xusto detrás de Corea. Por iso a Xunta, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo intensifica as accións de promoción do Camiño de Santiago no continente.
Agadic patrocina o V Certame Galego de Bandas de Música, con tres concertos nos que participan 14 formacións de toda Galicia. No marco da celebración do Ano da Música, este encontro de bandas celébrase no Auditorio de Galicia, de Compostela, do 25 ao 27 de novembro.
A banda norueguesa de metal experimental, Ulver, ofrece un repaso polas case dúas décadas de historia, nas que evolucionaron do black metal ata a experimentación con música sinfónica, rock progresivo e os ritmos do novo soul electrónico.
Redincuba, Rede de Incubadoras de Empresas Tecnolóxicas e Innovadoras, é unha entidade sen ánimo de lucro que se constitúe como instrumento de referencia en materia de creación de empresas que busquen consolidarse no mercado.
O panel de Cata está composto por expertos de acordo coas propostas dos Consellos Reguladores e do sector, baixo a supervisión da Consellería de Medio Rural da Xunta. Entre os queixos que participan figuran as coñecidas denominacións de orixe Arzúa-Ulloa, San Simón e O Cebreiro.
Francisco López, director xeral do Libro, presidiu na Casa de Galicia xunto ao delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, a presentación de "El libro de los besos y de la niebla", a última obra de Xosé Carlos Caneiro publicada por Alvarellos Editora.
A estadounidense colabora con artistas e deseñadores galegos nun proxecto para elaborar un traxe sonoro, creado a partir dunha tea que é audible ao elaborarse coa finta magnética de casetes. A actividade busca afondar nos límites do concepto tradicional de música.
Compostela acolle o encontro Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011, inaugurado polo ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e polo conselleiro Xesús Vázquez. Reúnense 500 expertos españois que debaten sobre estes espazos educativos. Apóstase desde a Xunta de Galicia por implementar as novas oportunidades abertas pola web 2.0 para este tipo de bibliotecas, co fin de ser útiles ao alumnado.
Cámara Barroca reúne 60 imaxes inéditas do barroco galego a través da visión contemporánea de Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón.