
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo abre no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición fotográfica Cámara Barroca, unha recompilación fotográfica do barroco galego a través da visión contemporánea de Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino MartÃnez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón. A exposición esta composta por 60 fotografÃas nas que os autores establecen un diálogo co barroco e interpretan a súa arquitectura e escultura sen esquecer a paisaxe na que se inscriben moitas das arquitecturas.
A mostra inaugúrase no Museo de Belas Artes o xoves, 10 de novembro, ás 20,00 horas e poderá visitarse ata o 26 de febreiro. Comisariado por Fernando Agrasar e Xosé M. Buxan o proxecto é o resultado de xuntar a un grupo de artistas fotógrafos e proporlles o reto de facer unha interpretación global do barroco galego, sen outra limitación que a da natureza do soporte e da ferramenta de comunicación. O obxectivo principal é promover o coñecemento e a difusión do barroco como un dos sinais identitarios máis relevantes da cultura galega, a través dunha proposta artÃstica actual como é a imaxe.
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo promove esta visión persoal e libre do barroco galego, dentro da súa labor de protección, conservación e difusión do noso patrimonio. As tres condicións fundamentais para a creación das composicións de Cámara Barroca foron: manter o protagonismo das obras fotográficas expostas; achegar elementos de interese ás intencións xerais da proposta; e, subliñar a contemporaneidade da reflexión creativa, a través do vÃnculo co espÃrito do barroco.
O reflexo é o motivo central do deseño de Cámara Barroca. As visións devoltas polas superficies pulidas e brillantes trazan unha complexa liña de conexión dende o barroco ata a modernidade: do rostro da Venus velazqueña, pasando pola Rúa do Gato valleinclanesca, ata o vidro e o aceiro cromado das obras de Mies van der Rohe. Cada unha das pezas preséntase na exposición montada sobre unha superficie de aceiro inoxidable pulido de 1000 × 1000 milÃmetros, co bordo cortado con láser, sobre un bastidor oculto de aluminio que o separa da parede. O material, co seu carácter ingrávido e abstracto, alberga unha imaxe que explora a esencia do Barroco Galego, enmarcándoa co reflexo do que sucede ao seu redor: o propio observador, o espazo da sala...
AÃnda que a mostra está composta por 60 instantáneas, o traballo destes autores está recollido nun catálogo que presenta un total de 120 fotografÃas. O comisario Xosé M. Buxán presenta no catálogo a súa crÃtica artÃstica das obras feitas polos fotógrafos baixo os seguintes tÃtulos: Vari Caramés: Xentes e arquitecturas; Unha fantasÃa barroca a partir de José Caruncho; Xurxo Lobato ou a representación de prodixios incrÃbeis; As negras sombras de Tino MartÃnez; A luz e o ceo de Eduardo Ochoa e As luces máxicas e diamantinas de Xoán Piñón.
Seis visións artÃsticas do barroco galego
O obxectivo principal da mostra e poñer en valor o patrimonio cultural galego e difundilo para o seu coñecemento. Con esta orientación, Vari Cramés (Ferrol, 1953) presenta nas súas barrocotipias unha serie de imaxes nas que reflexiona sobre a interrelación entre a arquitectura fotografada e os seus moradores. O autor, que vive e traballa na Coruña, entende a fotografÃa como un diario Ãntimo e defende a súa capacidade para suxerir e evocar, máis que o seu valor testemuñal. As súas obras forman parte das coleccións de diferentes museos e institucións, entre eles o Centro de Arte Reina Sofia, CGAC, a Fundación Fotocalectania, MACUF e a Colección CaixaNova.
José Caruncho (A Coruña, 1953) xoga coa fantasÃa barroca que permiten as duplicidades e as simetrÃas. A súa admiración pola fotografÃa e a súa afición pola música clásica reflÃctese no seu traballo impregnado de clasicismo e fonda contención expresiva, sendo as obras artÃsticas e a paisaxe os temas habituais das súas instantáneas. Algunhas das súas últimas exposicións individuais son Rochas do tempo (1996); Muros Alma Mareira que estivo exposta no Concello de Muros (2002), nas sedes do Instituto Europeo de Diseño de Madrid, Barcelona e Milán no 2003 e en VERVE, Gallery of. Fotography, Santa Fe, EEUU no 2007 e Olladas de Silencio presentada na Casa da Parra no 2009 en Santiago de Compostela.
Para Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) a fascinación do barroco atópase na realidade-irrealidade das tallas hiperrealistas. Este profesional do fotoperiodismo e fotodocumentalismo foi redactor xefe de fotografÃa de La Voz de Galicia e actualmente mantén a súa colaboración co diario El PaÃs. Dirixiu cursos sobre fotografÃa para a Universidad Interancional Menéndez Pelayo e a USC, publicando ata a data máis de 40 libros. É académico da Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña, patrono da Fundación Castelao, director do festival de FotografÃa Olladas e coordinador do premio LuÃs Ksado da Deputación da Coruña. A súas obras figuran en numerosas colección públicas, entre elas: o Centro de Arte Reina Sofia, colección Cuallado no IVAM, no MACUF, na Deputación da Coruña, na Colección Coca Cola e no Concello de Vigo.
Tino MartÃnez (Santiago, 1943) recrea o barroco compostelán a partir do detalle, das sombras e dos perfÃs pétreos. O compostelán desenvolve o seu traballo profesional e creativo sobre a capacidade testimonial da fotografÃa. A atención sobre a superficie e a súa cualidade, xa sexa pel o pedra, permite ver na súas fotografÃas máis ala do evidente. O patrimonio de Galicia é un dos seus temas máis frecuentes. Asemade, numerosas publicacións e exposicións deste autor están protagonizadas por obras artÃsticas.
A luz e o ceo sérvenlle a Eduardo Ochoa (Tarragona, 1952) para presentar o barroco desde unha ollada esteticista e abstracta. O traballos deste artista ofrecen unha clara vocación plástica, prestando especial atención aos aspectos compositivos. Entre as variadas temáticas abordadas na súa obra son frecuentes os motivos arquitectónicos e xeométricos. Realizou investigación valiosas para a historia da fotografÃa en Galicia, especialmente na cidade de Lugo. É autor do texto “161 anos de fotografÃa en Lugo”, publicado como catálogo da exposición Memorial visual de Lugo. Foi o director das cinco Mostras Fotográficas desta cidade. As súas principais exposicións individuais son: Deriva (1999), Mirada (2002), Arborescencias (2005), Inminencias (2007) e Diáspora (2007).
Na súa secuencia, Xoán Piñón (A Coruña, 1951) propón unha lectura da luz e o seu simbolismo no diálogo co patrimonio relixioso. Despois de licenciarse en medicina e tras cinco anos de exercicio, este coruñés cambiou de actividade e iniciou a súa carreira profesional como fotógrafo. A serie Iluminados (1977-1985), abriulle as portas da fotografÃa profesional. A súa actividade é intensa e variada, alternando a súas coleccións de autor con traballos en moda, cine e publicidade. En 1995 recibe o Premio Lux prata de moda. É confundador dos colectivos “Novos fotógrafos Coruñeses”, “Canbranco” e coorganizador da primiera “Fotobienal” de Vigo. Algunhas das súas exposicións son: Iluminados (1983); Inmateriais (1988); Galicia nai (1993); Pigmentos Autorizados (1996); Momentos de Cine (1997); A paisaxe humana (2004); Unha marea de amor (2008) e A Coruña. A cidade na arte (2009).
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os dÃas 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxÃa, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións cientÃficas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.